Radio Galega

Os “ghalpóns” de Cans, en Venecia

Os famosos “ghalpóns” do Festival de Cans, onde se proxectan os filmes, chegan á Bienal de Venecia de Arquitectura. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Os “ghalpóns” de Cans chegan a Venecia. Roberto Pascual visita o ‘Othello’ da compañía Voadora.

Grandes historias, grandes contadores

Que o coronavirus non estrague unha boa historia. Este 2021 volve o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica. Co bo tempo, os contos toman as rúas, os castros, os barcos, o camiño… e outros lugares singulares. Onde menos o esperes, haberá un conto agardando ser escoitado. 

No Diario Cultural falamos coa directora do festival, Sole Felloza

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

9ª Edición do Festival Atlántica de Narración Oral. Armando Requeixo recomenda a lectura de ‘Sibila’, de Rosa Aneiros.

Capturando o instante

O pintor noiés Alfonso Costa presenta o seu máis recente traballo na galería Luisa Pita de Santiago baixo o nome de ‘INTEREA (Entretanto é o que sucede)’.

Experimenta con todos os movementos artísticos (expresionismo, realismo, surrealismo, cubismo…) para tratar de representar o tempo, os instantes e as súas transformacións. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Alfonso Pita presenta nova exposición na galería Luisa Pita. Duelo romántico na colaboración musical de Luis Miguel Crespo.

Músicas de domingo: Turbo Kraks e Carla Green & The Demons

Alfonso Espiño pica música dos ferroláns Turbo Kraks, que actúan o 27 de xuño no Centro Cultural Torrente Ballester da cidade departamental e mais de Carla Green & The Demons, que veñen de estrear o videoclip da canción ‘¿Para qué?’

Teatro para escoitar: Chévere estrea ‘Dramawalker Vite’

Un paseo polo barrio compostelán de Vite escoitando ficcións sonoras xeolocalizadas. É a última produción da compañía Chévere, que forma parte dun proxecto de mediación e creación escénica do Centro Dramático Nacional con episodios na Cañada Real de Madrid e no Poble Nou de Barcelona.

Escritora na súa terra: Concha Blanco en Cee

Percorremos Cee con Concha Blanco, pioneira da literatura infantil e xuvenil en galego. A AELG homenaxea a escritora, que desde agora ten na vila unha praza co seu nome e un pradairo plantado na súa honra.

Pin It on Pinterest