Radio Galega

25 anos do Batallón Literario da Costa da Morte

No bar Macondo de Cee naceu en 1996 o Batallón Literario da Costa da Morte. Os seus fundadores foron Miro Villar, Federico L. Santalla, Rafa Villar, Xandra Tedín, Modesto Fraga, Xabier Rodrígues Fidalgo e Estevo Creus. 

Os seus recitais polos diversos concellos da Costa da Morte lograron levar a poesía á rúa, con protagonismo para o mar e a súa forma de vida. 

Este 2021 cumpren 25 anos de historia, e no ‘Diario Cultural’ celebrámolo con Modesto Fraga.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

25 anos do Batallón Literario da Costa da Morte. Begoña Vázquez recomenda ‘El olvido que seremos’.

O ‘Sherlock Holmes’ particular de Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán non deixa de sorprender no centenario do seu pasamento. Foi a primeira muller en escribir un thriller policiaco, ao adiantárselle 10 anos a Agatha Christie. Despois de ‘La gota de sangre’, Ézaro Edicións publica ‘El misterio de Selva’, a segunda parte das aventuras do seu detective particular Ignacio Selva.

O catedrático de Literatura Comparada da UDC, Xosé Mª Paz Gago é o editor e prologuista desta obra. 

Podemos dicir que Pardo Bazán, tan adiantada ao seu tempo, é o eslabón perdido entre Conan Doyle e Agatha Christie

Así soan Budiño&Novoa

Os músicos Xosé Manuel Budiño e Pablo Novoa unen forzas e instrumentos nun novo proxecto musical: Budiño&Novoa

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Budiño e Pablo Novoa únense musicalmente. Armando Requeixo recomenda ‘Nus’ de Manuel Gago.

Acento vigués en NYC

Chega á cidade de NYC a 5ª edición do Festival Internacional Kerouac de Poesía e Performance, con orixe en Vigo. A ilustraqdora do cartel é Vanesa Álvarez, viguesa residente en Brooklyn, que ademais foi unha das 25 seleccionadas para pintar un mural nun hospital da cidade americana. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

5º edición do Festival Internacional Kerouac en NYC. Vacinas onte e hoxe con Manuel Vicente. Luis Miguel Crespo fálanos do Festival Bal y Gay.

Proxecto Terra: 20 anos aprendendo a coñecer o contorno

Unha exposición no Museo Centro Gaiás conmemora os 20 anos de ‘Proxecto Terra’, unha iniciativa que leva á escola o coñecemento e a reflexión sobre onde e como vivimos. Conversamos con Alberto Fortes, coordinador de Proxecto Terra e con Elena Ampudia, decana do Colexio de Arquitectos de Galicia, impulsor da iniciativa. 

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Hoxe mergullámonos no traballo relacionado cos refráns de Vicente Risco. Ademais, Beli Martínez fala sobre a importacia dos cineclubes no audiovisual galego.

Pin It on Pinterest