Radio Galega

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Olvido y León’ volve aos cines como homenaxe ao actor Guillem Jiménez. Montse Pena Presas recomenda a lectura de ‘Non te amola’, de Xela Arias.

A normalidade do non-común

‘Identidade’ é o novo libro de Nee BarrosUnha obra de teatro que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade. O simple acto de nacer marca a nosa vida nun molde que a sociedade se encarga de contornar e puír.

Mais, que pasa se nacemos nun molde “equivocado”? Diso falamos co autor.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Nee Barros publica ‘Identidade. A normalidade do non-común. Moncho Lemos fai un repaso da carteleira.

A realidade soñada

A exposición ‘Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada’ abre mañá na Fundación Luis Seoane da Coruña, comisariada pola nosa colaboradora Rosario Sarmiento

‘A realidade soñada’ amosará ao público diversas acuarelas, debuxos, collages e un apartado documental da artista, co obxectivo de reivindicar a obra de Lolita Díaz Baliño e ofrecer unha perpectiva máis ampla do seu traballo. 

Un proxecto comisariado pola crítica de arte e xestora cultural Rosario Sarmiento, cun forte carácter divulgativo e incidindo nos tres aspectos nos que se dividiu a súa traxectoria: artística, académica e docente. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Expo ‘Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada’ na Fundación Luis Seoane. ‘Illas desertas’, da compañía Artesacía, no comentario de Roberto Pascual.

Do Castro de Viladonga a Lugo

Unha exposición mostra o patrimonio cultural e natural da Vía Rexia do Norte, ou Camiño Real, unha ruta que vai do Castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei, ata Lugo.

Falamos con María Elena Varela Arias, directora do museo do Castro de Viladonga, que este ano celebra o seu 50 aniversario. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

De Viladonga a Lugo. 50 anos do Museo do Castro de Viladonga. ‘Destempo’, a recomendación de Armando Requeixo.

Que sentimos ao ver unha obra de arte?

O artista e investigador Fran Quiroga quere saber que acontece no cerebro cando observamos unha obra de arte. Fixo un obradoiro experimento na Fundación Luis Seoane e hoxe cóntanos os resultados. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Que nos fai sentir a arte? unha investigación de Fran Quiroga. Viaxamos ao espazo con Manuel Vicente. A RFG estrea ‘Un ollo de vidro’.

A nova vida de O Sanatorio

A nova vida de O Sanatorio

Pin It on Pinterest