Radio Galega

Guitarras de jazz con Rubén Reinaldo e Kely García

Presentamos o primeiro álbum conceptual do dúo de guitarras Rubén Reinaldo e Kely García, ‘Acuarel’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Acuarel’: guitarras de jazz. ‘As mil vidas de Dorotea’, por Montse Pena Presas.

A estrea de Sofía Oriana Infante con ‘Gratulantes’

A Real Filharmonía estrea este xoves ás 20:30h a obra ‘Gratulantes’, da compositora compostelá Sofía Oriana Infante, que está inspirada no Xacobeo e o Códice Calixtino. 

Poderase escoitar tamén por primeira vez en España ‘Dar, with excessive bright’, da neoiorquina Missy Mazzoly. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A RFG estrea ‘Gratulantes’ da compostelá Sofía Oriana Infante. ’23 paseos’ e outras películas de esta fin de semana.

Blues do país por Turnes&Casquero

Javier Turnes e Alejandro Casquero forman o dúo Turnes & Casquero, blues do país feito en Galicia, e están presentando o seu novo traballo, ‘Fidelio 85’.

Síntome nu escoitando a nosa música; é un traballo totalmente sincero.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Blues: ‘Fidelio 85’, o novo traballo de Turnes&Casquero. Teatro: ‘Clausura do amor’ no comentario de Roberto Pascual.

Unha viaxe de 800 anos con Afonso X

Hai 800 anos nacía en Toledo unha das figuras máis relevantes da cultura europea e, particularmente, das letras hispánicas do seu tempo: Afonso X. Sobre esta figura afonda “Afonso X e Galicia”, o último proxecto expositivo do Consello da Cultura Galega, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e a Universidade de Santiago de Compostela. A mostra inaugúrase hoxe na Igrexa da Universidade de Santiago. 

Falamos con Dolores Vilavedra, secretaria do CCG e membro do comité da exposición. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

800 aniversario de Afonso X. ‘Dicionario irreal para un país imposible’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

As leis da termodinámica con Manuel Vicente. A axenda da música clásica con Luis Miguel Crespo.

Pin It on Pinterest