Radio Galega

A música coa que caerá a Porta Santa

Juan Durán é o responsable da música que soará esta tarde na cerimonia de apertura da Porta Santa na Catedral de Compostela. 

ComPOPstela: así soaba a cidade para Alfonso Espiño

Alfonso Espiño, colaborador da Radio Galega, é un dos maiores expertos en música de Galicia. Boa fé disto é o seu traballo ‘Compopstela’, onde fai un repaso por aquilo que soaba en Santiago entre 1954 e 1978. 

A cultura faise tamén nun salón de tatuaxes

Imaxinades asistir a un concerto nun estudio de tatuaxes? Ou visitar unha exposición de pintura, fotografía, escultura…? Ou intercambiar lecturas? 

No salón Calipso Tattoo da Coruña pensan que pode ser un escenario ideal para a cultura, e por iso dedican parte do seu espazo a promover a cultura. 

Por que precisamos das salas de música en directo?

A sala de concertos Mardi Gras da Coruña lidera a resistencia do músico ao vivo. Diversas son as súas iniciativas para intentar salvar ao sector da música en directo en toda Galicia. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Salvar a música en directo desde a sala Mardi Gras. Cultura nun salón de tatuaxes. Lecturas para agasallar no día de Reis.

O neno que leva dentro Xabier Vizcaíno

O cantautor galego Xabier Vizcaíno presenta o seu último traballo, un libro-cd que nos leva directamente ás súas orixes: ‘Neno de monte’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O novo disco de Xabier Vizcaíno, ‘Neno de monte’. ‘A tribo que conserva o lume’ no comentario de Armando Requeixo.

Compartindo historias de Nadal

Esta tarde hai Panxoliñas e Axóuxeres de Nadal na Cidade da Cultura da man e voz de Soledad Felloza, acompañada pola música do Ensemble ConcertArt.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Brincadeiras científicas con Manuel Vicente. Contos de Nadal na Cidade da Cultura. Preparamos o concerto de aninovo con Luis Miguel Crespo.

A mirada infantil nos retratos de Virginia Rota

Afundacion acolle a mirada infantilno traballo de Virginia Rota, gañadora do VI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. 

Pin It on Pinterest