Radio Galega
Díaz Pardo na web
Estréase a páxina web sobre a vida e obra de Isaac Díaz Pardo, o mellor complemento á súa exposición, que se atopa actualmente na Cidade da Cultura de Galicia.
Chega por fin o día de Carvalho Calero
Logo de varios adiamentos por mor da covid-19, a Real Academia Galega celebra este sábado no Paraninfo da Universidade de Santiago o día das letras galegas de Carvalho Calero.
Falamos co presidente da RAG, Víctor Freixanes.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Día de Carvalho Calero. O nova web sobre a figura de Díaz Pardo. Tres versións teatrais de ‘Sapatos de tacão alto’.
Existe Ningures?
A compañía galega Teatro Ó Cubo, formada por Roberto Casal e Sofía Espiñeira, estrea “Ningures”, a súa nova obra para o público familiar.
A viaxe cara a Ningures de Rita e Denís é o argumento para falar das frustracións, dos retos e dos medos que nos paralizan.
O lugar escollido é Sada este venres 11 de decembro no Auditorio Municipal.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Estrea de ‘Ningures’, a nova produción de Teatro Ó Cubo. Imos ao cine con Begoña Vázquez de ‘Sala 5’.
Podcast do Diario Cultural das 14:45
Hoxe no Diario Cultural, a compañía Bucanero Teatro cumplirá vinte anos no 2021 e estrea nova obra
A auga de Manuel Valcárcel
O concello de Chantada acolle a exposición fotográfica “Auga. O sangue da terra” de Manuel Valcárcel. Un percorrido pola relación de ser humano coa auga con fotografías dos cinco continentes, de Lugo a Nova Zelanda.
Fotobiografía sonora de Carvalho Calero
Presentación no Teatro Jofre de Ferrol da fotobiografía sonora “Carvalho Calero sen fronteiras”, unha publicación multimedia de Arraianos Producións.
Dirixida por Aser Álvarez e con banda sonora orixinal de Moisés Quintás.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 253
- 254
- 255
- 256
- 257
- …
- 369
- Seguinte ›