Radio Galega

Lucía Estévez debulla a súa webserie ‘Xan’

Na sección de Brais Romero conversamos coa cineasta viguesa Lucía Estévez sobre e a súa webserie ‘Xan’, premio a proxecto no Carballo Interplay do 2019.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

No Diario Cultural de hoxe falamos sobre a Asociación Cultural AÏS organiza un diálogo musical interxeracional coa interpretación de obras de mlleres compositoras dos séculos XIX, XX XXI.

‘Camiño dos faros, lendas da Costa da Morte’

O escritor Rafael Lema presenta o seu novo libro: ‘Camiño dos faros, lendas da Costa da Morte’, no que repasa as mellores historias que podemos atopar entre as rochas e o mar nesta ruta. 

Culturgal 2020: “En caso de emerxencia, cultura”

Arranca no Pazo da Cultura de Pontevedra a 13ª edición do Culturgal, baixo o lema “En caso de emerxencia, cultural”. A programación poderá seguirse de maneira presencia e telemática, do 27 ao 29 de novembro. A CRTVG emitirá a través da páxina web algúns dos eventos. 

No Diario Cultural falamos con Xosé Aldea, director do Culturgal.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Culturgal 2020 en Pontevedra. Rafael Lema e o camiño dos faros. Sabela Mendoza fálanos da danza do 2021.

A violencia contra as mulleres no cancioneiro popular galego

A sala de exposicions do Pazo de San Marcos acolleu unha performance na que música tradicional danza contemporánea confluíron para chamar á reflexión sobre os mecanismos de normalización das violencias machistas e das desigualdades entre homes e mulleres.

No espectáculo, coordinado por Branca Villares, interpretáronse pezas do cancioneiro tradicional e popular que “poden supoñer apoloxia da violencia contra as  mulleres ou que dalgún xeito contribuén a perpetuala e a normalizala”.

 

‘Memorias dun neno labrego’ na composición de Aaron Siebert

O novo compositor galego, residente en Estados Unidos, Aaron Siebert, está de estrea coa súa obra sobre ‘Memorias dun neno labrego’ por parte da Real Filharmonia de Galicia.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O compositor Aaron Siebert con ‘Memorias dun neno labrego’ e o cancioneiro popular galego. As estreas da fin de semana de Begoña Vázquez.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

‘A Illa das Mentiras’, o filme de Paula Cons, competirá na sección oficial do festivalparalelo aos Golden Rooster Awards, coñecidos coma os “Oscar” do xigante asiático. A 33 edición desenvolverase do 25 ao 28 de novembro na cidade do sureste de China, Xiamen. Competirá na categoría de cine extranxeiro.  

Nace PROMIO, a rede de cinemas independentes

Ramiro Ledo, dos cines Numax de Santiago e Duplex de Lugo crea ‘PROMIO’, unha rede de cinemas independentes. 

Pin It on Pinterest