Xistral: 20 anos de creación poética en Lugo
A revista de creación poética da provincia de Lugo, Xistral, creada polo poeta Manuel María.
Recuperada no ano 2000, cumpre 20 anos.
A revista de creación poética da provincia de Lugo, Xistral, creada polo poeta Manuel María.
Recuperada no ano 2000, cumpre 20 anos.
A revista Xistral cumpre 20 anos. Nace PROMIO, a rede de cinemas independentes. Montse Pena Presas recomenda a lectura de ‘Un fillo’.
CircoRed celebra o seu IV Congreso de Profesionais do Circo en Santiago de Compostela do 23 ao 25 de novembro.
A deseñadora da imaxe do Xacobeo 2021, Uqui Permui, é finalista da Bienal Iberoameriana de Deseño
Uqui Permui na Bienal Iberoamericana de Deseño. IV Congreso de Profesionais do Circo do 23 ao 25 de novembro. ‘Éxodo’ de Rebeca Baceiredo na colaboración de Armando Requeixo.
No Diario Cultural de hoxe falamos con Xavier Queipo, un autor que leva moitos anos escribindo. Agora achéganos a súa nova obra ‘Corazón de Manteiga’.
No marco da 58º edición do festival de cine de Xixón, Fon Cortizo estrea o seu último filme, ‘9 Fugas’.
A historia comeza coa chegada dun barco a unha cidade case baleira e cargada de misterio. Cora sobrevive no porto e traballa descargando barcos na lonxa. Unha noite é testemuña dun grave incidente que nunca debeu ver. Unha orquestra investiga os sons do pasado que evocan a historia de tres mulleres obrigadas a fuxir. Talvez, a través deses sons poidan reconstruír a causa da desaparición dos habitantes da zona máis occidental de Europa.
‘9 Fugas’, o novo filme de Fon Cortizo. Colaboracións de Manuel Vicente e Alba Cid.
Na sección Nos meus 20 anos, na que personaxes referentes e consolidados contan que facían na súa década dos 20 anos, Lucía Junquera achéganos á mocidade de Miguelanxo Prado, ilustrador e autor de cómics como ‘Trazo de Xiz’ ou ‘Ardalén’; director da mostra Viñetas desde o Atlántico; e autor do deseño do Xabarín da Televisión de Galicia.
Na colaboración da noso experto no eido musical Cibrán Tenreiro debullamos unha circunstancia singular: O anonimato na música. Para a súa análise conversamos con Sleepy Spice, nome baixo ó que se agocha unha talentosa artista galega.