Ernesto Is reflexiona sobre a dramaturxia
Na sección de Ana Abad achegámonos á figura do dramaturgo Ernesto Is. Conversamos con el sobre o seu último proxecto ‘Canciones amarillas para flores tristes’ e sobre o estado dramaturxia en Galicia.
Na sección de Ana Abad achegámonos á figura do dramaturgo Ernesto Is. Conversamos con el sobre o seu último proxecto ‘Canciones amarillas para flores tristes’ e sobre o estado dramaturxia en Galicia.
Afondamos na figura do dramaturgo Ernesto Is da man da nosa experta en artes escénicas Ana Abad.
No eido musical,o noso colaborador Cibrán Tenreiro realiza unha viaxe a través do anonimato na música coa ollada posta en Sleepy Spice.
Na sección ‘Nos meus 20 anos…’ A nosa compañeira Lucía Junquera achéganos á mocidade de Miguelanxo Prado, debuxante de banda deseñada, director desde 1998 do reputado salón Viñetas desde o Atlántico e deseñador da mascota do Xabarín Club da Televisión de Galicia.
Logo de varios anos en xestación, naceu obaixoulla.gal o 16 de novembro de 2019, Día do Patrimonio Mundial. Trátase dun catálogo dixital aberto, que incorpora o patrimonio xeolocalizado da comarca do Baixo Ulla, co propósito da súa valorización, difusión e protección.
Comeza a 58º edición do festival de cine de Xixón, de maneira telemática, e coa estrea de tres filmes galegos.
As Microrresidencias Verbum son o proxecto co que o Festival Sinsal remata este estraño 2020, que muda a proposta habitual escénica de concertos e actuacións con público cara unha iniciativa a porta pechada.
Trátase dunha experiencia de investigación e experimentación arredor do son, a luz, as proxeccións e un espazo integrador e coprotagonista, o Verbum de Vigo.
Algúns dos artistas que dialogarán co espazo neste Sinsal de outono son os irmáns Yugen Kala e Monte Piñeiro do Colectivo Nononon.Lab.
Remata o Festival Sinsal 2020 coas ‘Microresidencias Verbum’. As estreas nas salas de cine e plataformas da voz de Begoña Vázquez de Sala 5.
A Biblioteca de Verín acaba de recibir o premio da XX Campaña de Animación á Lectura María Moliner polo seu proxecto “Voluntariado cultural con chic@s para o fomento da lectura”.
No Diario Cultural falamos con Vicente Rodríguez, o seu director.
Comeza o Carballo Interplay, o festival de contidos dixitais referente en Galicia, do 18 ao 21 de novembro. Será en formato dixital, fiel á súa orixe, coa estrea da webserie ‘Xan’.
Falamos con Sonia Mendez, directora do festival.
Comeza a VII Edición do Carballo Interplay do 18 ao 21 de novembro. Premio María Moliner de Animación á Lectura para a biblioteca de Verín. ‘Fábulas contadas de Gonzalo Navaza, a recomendación semanal de Montse Pena Presas.
Pilar Sánchez, auxiliar de sala na Rede Museística Provincial de Lugo, estivo hoxe no Diario Cultural para falar de arte, do Torques de Burela e da súa historia.
Presentou a serie ‘ConversArte’, unha actividade para todos os públicos, en liña, para conversar arredor das pezas de arte e do patrimonio dos museos. Un xeito de facer partícipe ao público do sentido do patrimonio e do prestixio das súas obras.
En concreto, a charla de hoxe leva por nome “O Torques de Burela, a colección de orivería antiga e popular. De xoias e novos valores”.