Radio Galega

Chega unha novidade na literatura teatral: A Matanza Clandestina, de edicións Fervenza e da autoría de Fernando González Graña

Unha obra que recupera a tradicional matanza do porco polo San Martiño en clave de sátira ás leis impositivas que se promulgan sen ter en conta a idiosincrasia nin a cultura popular do pobo. 

NA VOZ DE… | Manolo Rivas publica “O Chispas”, unha novela histórica alternativa para xente moza

Unha novela de ficción científica de Manolo Rivas protagonizada polO Chispas, un músico cósmico nacido en Estrelampo, onde mana a Fonte da Fala que foi secando sen que apenas ninguén o avisara.

É a historia engaiolante dunha estrela do firmamento do rock, o Chispas, a quen lle puxeron o sobrenome d’ O Tic do Demo, debido a que o seu primeiro éxito foi a canción «Somos o demo», nacida grazas a memoria manancial da Fonte da Fala. Un éxito sorprendente polo que será convidado ao festival de Salvaterra, ao que acudirá na súa vella Montesa e coa guitarra Electra en bandoleira. Mais despois de actuar perderase na noite e aí comezara outra viaxe.

No Diario Cultural falamos con Manuel Rivas, que ofrece n’ O Chispas a súa aventura infantil máis audaz, imaxinativa e trangresora.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Entrevista a Manuel Rivas por ‘O Chispas’.

A Asociación Ciclo de Música de Barca de Mera presenta o ciclo ‘Camiño de Cantares’

A Asociación Ciclo de Música de Barca de Mera presenta o ciclo ‘Camiño de Cantares’ con dous libros-CD e nove concertos en localidades da ruta xacobea. 

As publicacións titúlanse Libro de órgano da Catedral de Tui (séc.XVIII) e Libro III de Polifanía (séc. XVII-XVIII) que serán intepretados este sábado e o 12 de setembro respectivamente. 

Os concertos terán lugar en Tui, Celanova, Santiago de Compostela, Padrón, Melide, Ribadavia, Muxía e Oia no marco do programa O teu Xacobeo

O Festival de Cans entregará hoxe o Premio Pedigree á directora Manane Rodríguez, os Chimpíns de Prata Pepe Puime e o Chimpín…

O Festival de Cans entregará hoxe o Premio Pedigree á directora Manane Rodríguez, os Chimpíns de Prata Pepe Puime e o Chimpín de Prata Divina Campos

Aínda que mañá sábado remata esta XVII edición do festival, ás medidas de reducción de aforo motivaron a creación dunha fórmula mixta que fará que sigamos falando de Cans. Trátase dun formato extandido co que se difundirán as curtas a concurso por dúas vías diferentes unha vez rematado o certame: a través da distribución en salas de cine e cunha versión de pago en liña para ver os filmes na propia web do certame.

A sala Ártika de Vigo impulsa o I Festival Comediártiko durante o mes de setembro

A sala Ártika, situada na avenida de Beiramar de Vigo retoma toda a súa actividade no mes de setembro cunha nova programación teatral: o I Festival Comediártiko. Cinco das mellores compañías de Galicia comparten cartaz neste festival, o primeiro que a sala adica integramente á comedia.

Talía Teatro, Chévere, Mofa e Befa e as compañías viguesas Teatro Avento Producións e Enconarte producións serán as encargadas de facer que o público encha de risas o teatro. 

Allariz acolle o Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RIR

Allariz acolle o Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RIR no que se proxectarán 42 curtametraxes de animación e ficción ata o 6 de setembro. 

Os espazos nos que desenvolverán as proxeccións estarán distribuídos entre a Casa da Cultura, a Fundación Vicente Risco, o Espazo BenComún, o Campo dos Brancos e a Praza do Matadoiro. Unha edición que, ademáis, ríndelle tributo a Harold Lloyd, un dos grandes cómicos da historia do cine na década dos vinte.

Pin It on Pinterest