Radio Galega

O Delas Fest comeza a súa segunda edición

A nova edición do festival feminista de arte urbana e contextual celebrarase entre o 24 de agosto e o 20 de setembro nos concellos de Teo, Ames e Brión, deixando a súa sinatura con perspectiva de xénero nos muros e fachadas da comarca compostelá. 

O proxecto é pioneiro en Europa e está organizado por 7H Cooperativa Cultural, co obxectivo de democratizar a expresión artística na rúa e contribuír ao combate das desigualdades materiais e simbólicas que sofren as mulleres que crean no espazo público. 

Volve a Mostra Internacional de Cinema etnográfico do 25 ao 29 de agosto cun formato mixto e cinema ao aire libre

A 15 edición da MICE do Museo do Pobo Galego volve con novas datas de celebración, desde hoxe ata o 29 de agosto en Santiago de Compostela, e cunha fórmula mixta en aras dunha maior seguridade, na que as actividades se realizarán combinando un formato persencial e en liña. Unha edición na que, ademais, incorporase o cinema ao aire libre no parque de Bonaval no que hoxe proxectarase Las cinéphilas da arxentina María Álvarez. Un documental coral sobre un grupo de mulleres xubiladas que aman o cine e que recibiu o Premio do Público no Ourense Film Festival en 2017. 

Ademais das actividades presenciais que se desenvolveran, tanto en Bonaval, como no Teatro Principal e no Numax; tamén haberá propostas online omo o MICE Petís en liña, que desde hoxe desenvolve o obradoiro infantil Precine, creando xoguetes ópticos e zoópticos para nenos e nenas. 

 

Bieito Romero Diéguez presenta ‘Muiñeira das cabras’ adianto do disco Canto das Xacias

Hoxe Bieito Romero Diéguez presenta Muiñeira das cabras, a canción é un adianto do disco Canto das Xacias coa súa banda De quen ves sendo. O disco chegará ao mercado o día 8 de setembro -o concerto de presentación será o 18 de setembro no Teatro Rosalía.

Diario Cultural das 10:30

Bieito Romero Jr presenta Muiñeira das cabras, un adianto do próximo disco Canto das Xacias coa súa banda De quen ves sendo. Falamos con Ana Estévez Lavandeira, directora da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, que volve desde hoxe ata o 29 deste mes de agosto. 

E o noso colaborador Luis Miguel Crespo, adiántanos o que será a Programación de Lírica da Coruña.

O Festival de Jazz de Cangas celebra os seus dous últimos días coas entradas xa esgotadas

O CanJazz, o Festival de Jazz de Cangas, ten xa dende o pasado sábado esgotadas as entradas para todos os concertos que se estendían dende o domingo até mañá, mércores 26.
Toman este dato con orgullo dende a organización, dende a que Xan Campos, membro da Asociación de Jazz de Cangas, nos explicaba como as condiciónsn sanitarias os obrigaron a deixar a localización dos últimos 20 anos, o Eirado do Costal, polo recinto das Naves de Ojera, no que puideron dar lugar a 400 cadeiras.

A organización, aínda coa situación que rodea a todos os eventos nesta época, pode facer alarde de internacionalidade, con artistas como Sara Serpa, Rosolino Marinello ou Román Filiú. Deste xeito, aqueles que estiveran áxiles poderán disfrutar nos días de hoxe e mañá dos cuartetos de Rosolino Marinello e de Brais Lorenzo hoxe, e mañá de Román Filiú e da artista Frasquita Vintage, que pechará este Festival de Cangas de Jazz.

O Festival de música clásica Bal y Gay pecha a súa sétima edición coa actuación do Ensemble Bal y Gay

 Festival Bal y Gay puxo fin na pasada noite ós seus 12 días de intensa programación. Uns días nos que contou con artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel e no que, ademais da esperada oferta puramente musical, o festival tamén achegou actividades cunha motivación máis didáctica e formativa a aqueles que se achegaron á Mariña lucense, como clases maxistrais ou concertos familiares.

A organización, encabezada pola directora do Festival, Alba Rodríguez, amosou unha grande satisfacción cos resultados acadados nunha edición que -malia ser, polas circunstancias sanitarias, máis complexa do normal- logrou acadar un éxito e un nivel de récord.

O peche de ouro púxoo o Ensemble Bal y Gay, unha agrupación creada para este evento e integrada por novos músicos das máis prestixiosas orquestras e formacións que neste 2020 de homenaxe a Bethoven homenaxearon ó mítico músico e compositor.

Teresa Vasques achéganos as unidades didácticas da AGAL sobre Carvalho Calero

Falamos con Teresa Vasques da AGAL sobre as unidades didácticas de Carvalho 2020 na recta final para o comezo do curso. 

Ademais, presentamos o tema de Luis Mª Álvarez Guillán para o concurso Musicando Carvalho Calero:Entre o si e o non

Diario Cultural das 10:30

Falamos con Teresa Vasques da AGAL sobre as unidades didácticas de Carvalho 2020 na recta final para o comezo do curso. Ademais, presentamos o tema de Luis Mª Álvarez Guillán para o concurso Musicando Carvalho Calero:Entre o si e o non

E Alba Cid fálanos hoxe do novo poemario de Rosalía Fernández Rial, Árbores no deserto (Editorial Galaxia, colección Dombate, 2020). Un trenzado de voces de once pensadoras con perspectiva de xénero. 

 

Pin It on Pinterest