Radio Galega

Bota a andar o Rosal Cámara Fest

O Rosal adapta o seu Festival de Músicos Xoves á nova normalidade cunha proposta renovada: o Rosal Cámara Fest que se prolongará ata o 22 deste mes de agosto. 

Nesta edición especial do tradicional Festival de Músicos Xoves, a Banda da Agrupación Musical do Rosal, descomponse en 6 ensambles instrumentais que toman o seu nome homenaxeando a personaxes senlleiras da historia da Agrupación Musical como Pepe Flores, Nani Matos ou José Vicente Simeó. 

Diario Cultural das 10:30

Javier Alonso, director da Banda da Agrupación Musical do Rosal fálanos do Rosal Cámara Fest, un ciclo de concertos en formato ensables instrumentais, que toman o nome de personaxes senlleiuras da Agrupación. 

Hoxe, 12 de agosto de 2020 cúmprense 45 anos do asasinato en Ferrol do dirixente da UPG, Unión do Povo Galego, Xosé Ramón Reboiras Noia. O documental Reboiras. Acción e corazón, de Alberte Mera achéganos a vida do dirixente nacionalista. 

E o noso colaborador Roberto Pascual fálanos hoxe da febleza profesional no ámbito das artes escénicas de rúa.

“Memoria dun confinamento. Pontevedra 2020” e os “60 días de alarma” de Ramón Leiro, expostas na Alameda de Pontevedra.

“Memoria dun confinamento. Pontevedra 2020” e os “60 días de alarma” de Ramón Leiro, expostas na Alameda de Pontevedra.

A mostra colectiva “Memoria dun confinamento. Pontevedra 2020” recolle as 60 fotografías que concorreron a este certame, aínda que o protagonismo recae nas 15 fotos seleccionadas por un xurado especializado, por considerar que son as que mellor documentan o impacto e a pegada dunha situación que permanecerá para sempre na nosa memoria colectiva.

As 15 fotografías seleccionadas corresponden a veciños e veciñas de Pontevedra, con idades comprendidas entre os 9 e os 67 anos, e que achegan a súa mirada persoal sobre situacións comúns daqueles días insólitos, entre as que predominan paisaxes e rúas baleiras e xestos de ánimo e solidariedade.

No mesmo espazo e durante as mesmas datas, tamén se exhibe “60 días de alarma“, unha selección de 30 fotos do fotoxornalista Ramón Leiro, con quen falamos no programa de hoxe.

 

A cantante galega FAIA presenta o seu último álbum: “Ao cabo leirín”

Faia Díaz, cantante e marela de DeVacas presenta o seu primeiro álbum en solitario. Non é senón a cara A do vinilo -a cara B, di, ten segredos que non teñen que saír á internet- que publicou no 2019 e que agora chega ó público en formato disco e tamén nas principais plataformas de streaming.

Nel defende a voz, a voz soa, a voz a pelo. As cantigas que lle foron transmitidas e que liga estreitamente á leira da súa avoa, relacionando voces cos distintos espazos onde se mabienta cada peza, até chegar ó final desa leira. Ao cabo leirín.

Bakin Blues Band e Stormy Truck abren o Feito a Man 2020

Ánxeles Porto, directora do Festival, fálanos da programación desta edición, que se desenvolve entre 11 e o 15 de agosto, con dous grupos cada noite de estilos diversos. A primeira será rockeira e estará protagonizada por Bakin Blues Band e Stormi Trucks. 

O emplazamento elixido para garantir a distancia de seguridade é o cemiterio de Bonaval. 

Diario Cultural das 10:30

Anxeles Porto, directora do festival Feito a Man achéganos as novidades da edición deste ano, que comeza co concerto da Bakin Blues Band.

Luis Miguel Crespo achéganos tamén a un dos festivais de música máis consolidados na nosa terra: o Festival Bal y Gay, que se leva a cabo entre os días 12 e 24 deste mes. 

Ferrol celebra o IV Festival Jazz de Ría nos días 14, 15 e 16 deste mes

A cuarta edición do Jazz de Ría concentra o mellor jazz do país.

Nun ano tan complicado, marcado pola crise sanitaria da Covid, o Festival vese obrigado a modificar as súas ubicacións habituais para poder así garantir todas as medidas de seguridade e distancia interpersoal. Deste modo, a organizaciónn decidiu desenvolver todas as actividades no Cantón de Molíns, un espazo que reúne todas as condicións puidendo recibir un aforo considerable.

Porén, a pesar das difíciles circunstancias impostas pola Covid19, a oferta musical será de primeiro nivel. Abrirán o Festival Marcos Teira e Ton Risco, unha parella que tardou en unir as súas músicas máis do que lles tería gustado. Así a todo, a súa atípica oferta que mestura jazz e flamenco, constitúe algo máis que recomendable para o ouvido.

A programación esténdese con artistas coma Por mí, Swing; os tríos Pablo Sanmamed e Xan Campos e a formación EJAZZ, que abren o sábado día 15 da mesma maneira que sempre: coa voz como único instrumento, un método máis que axeitado tamén para unha música tan ben recibida en Galiza coma o jazz.

Malia seren de balde as entradas, o aforo é limitado e deben reservarse na web www.reservas.gal

Falamos con Davide González, director de ‘Carabela’

Galeatro presenta Carabela ás 12.00h no Auditorio Municipal de Cariño con motivo da Mostra de Teatro Galego.

Basada no libro de Paula Carballeira, conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Alí estará rodeada de peixes mutantes e paxaros choromicas, e para aliviar a súa tristeza crea unha nena de plástico con corazón a pilas.

Carlos Quiroga fálanos da exposición ‘Carvalho Calero: a voz presente’

Carlos Quiroga, membro da AGAL e comisario da exposición, achéganos A Voz Presente, unha exposición virtual realizada pola porpia AGAL e a Xunta de Galicia. Nela incídese na súa figura de divulgador, a súa obra; percorre os lugares nos que transcorreu a súa vida e profundiza no seu ideario reintegracionista. 

 

Pin It on Pinterest