Radio Galega

Diario Cultural das 10:30

Falamos da exposición Carvalho Calero: A Voz Presente co seu comisario, e membro da AGAL, Carlos Quiroga. Davide González presenta Carabela na Mostra de Teatro Galego de Cariño. 

E Alba Cid tráenos una reedición do poemario A relixión do mar do poeta e mariñeiro, Xosé Iglesias. 

O Taller Atlántico Contemporáneo fai dez anos de actividade multidisciplinar no noso país

O Taller Atlántico Contemporáneo fai neste ano 2020 dez anos de actividade multidisciplinar no noso país, con presenza nos festivais e salas máis prestixiosos do estado e celébrao cunha actuación. Este concerto enmárcase nas celebracións deste décimo aniversario.

O Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada celebra unha Edición de Verán.

O Compostela Ilustrada estrea este ano “Edición Verán”, nunha versión un pouco máis reducida que en anos anteriores, dadas as circunstancias sanitarias, pero non por iso de menor interese.

Boa proba diso é o nivel e a traxectoria dos seis artistas que este ano participarán no Encontro, que de novo será dirixido por Maru Godas. Precisamente ela será a que imparta un dos obradoiros que se levan a cabo nesta Edición estival.

Alí estarán a ilustradora valenciana María Herreros, que realizará o tradicional mural en directo, charlará do seu traballo e dará un obradoiro de retrato; Catalina Rodríguez, que vén desde Asturias para ofrecer un obradoiro de como ilustrar ioga e para falar do seu último proxecto sobre os camiños; Luis Ruiz Padrón que aterrará desde Málaga para ensinarlles ós participantes a debuxar grandes arquitecturas, presentar os seus libros e contar o seu traballo no xornalismo ilustrado; a ourensá MeliMolita, gañadora do Premio Compostela Ilustrada do pasado ano, que ensinará a debuxar no Mercado de Abastos, e o colectivo de Bosquejeros, que presentará a súa experiencia durante o COVID realizando retratos da Residencia Volta do Castro de Santiago.

A Mostra de Teatro Galego de Cariño inaugura a súa XLII edición con Festicultores Troupe

A XLII Mostra de Teatro de Galego arranca o domingo 9 deste mes de agosto, da man dos Festicultores Troupe. Jonathan Miranda, director da mostra e Concelleiro de Cultura adiantanos as novidades desta edición que se celebrará coas máximas medidas hixiénicas de seguridade. 

Falamos tamén con Emilio Oro, compoñente dos Festicultores que, este ano, celebran o seu 15º aniversario. 

Diario Cultural das 10:30

Jonathan Miranda, director da Mostra de Teatro de Galego de Cariño e Concelleiro de Cultura adiantanos as novidades desta edición que se celebrará coas máximas medidas hixiénicas de seguridade que comeza este domingo 9 de agosto. 

Falamos tamén con Emilio Oro, compoñente dos Festicultores Troupe que, este ano, celebran o seu 15º aniversario. 

O Centro Multiusos de Sel acolle unha exposición colectiva de artistas naturais de Muros

Trátase de cinco autores naturais de Muros que levan realizando esta exposición como
grupo arredor de cinco anos, logo de que a asociación SORUM ,
onde expuñan cada ano e baixo o comisariado de Domingo Guerra, se
disolvese.

Son Carmen Senande, Erat París, Alejandro Senande, Amalia Costa e Pepa Sestayo e presentan propostas artísticas variadas: óleo, acrílico, dixital…

A mostra estará aberta todo o mes de agosto, con aforo limitado.

Entrevista ó artista Chencho Pardo Valdés

Chencho Pardo Valdés vén de inaugurar no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela a súa exposición máis querida e persoal.

Viae ad limina Sancti Iacobié é unha mostra de dúas cartografías e de 42 debuxos da súa autoría recompilados ó longo da súa carreira.

Un proxecto vital que recolle a súa interpretación dos escenarios do Camiño de Santiago entre os séculos XIII e XVI e que poderá ser visitada até o 31 de outubro.

As mulleres son as protagonistas na mostra ‘Nós somos elas’

Falamos con María Xosé Bravo, presidenta da A.C. Alexandre Bóveda e coordinadora da mostra que acolle unha selección de imaxes do Arquivo Vidal de Laxe con mulleres como protagonistas e poemas de vintecatro autoras, coa que queren poñer o foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e laboral polos fotógrafos de Laxe e con voz propia asinando os textos cos que dialogan as imaxes. 

Instalada na Mariña da Coruña, permanecerá alí ata o 30 deste mes de agosto. 

Xosé Lois Foxo adica o Filandón deste ano a Antonio Río Montero

O Filandón de Música do Caurel celebra a súa edición XXIII este domingo 9 de agosto a partir das seis da tarde, na que o convidado de honor será Xavier Díaz, ao que se lle fará entrega da Tésera do Caurel 2020; e que, ademais,  retransmitirase por streaming a través do canle de youtube XoseLoisFoxoLIVE. 

A XXIII edición do Filandón honrará a memoria de Manuela Álvarez Prieto, Argentina Rodríguez Prado, Lino Fernández Raposo e engaden o nome de Antonio Río Monteiro, coñecido como o Ribeiro de Louzarela, o último brindeiro da montaña. 

Unha edición na que X. Luis Foxo estreará O cantar da primavera, e o vigués Kike Estévez, autor do CD-libro O Ribeira de Louzarela, brindador da dentro, será o encargado de facer o brindo. 

Diario Cultural das 10:30

Xosé Lois Foxo, director y fundador de la Real Banda de Gaitas de la Diputación de Ourense presenta a XXIII edición do Filandón de Música do Caurel, que se celebrará o próximo domingo día 9 de agosto. Falamos da exposición Nós somos elas, unha selección de imaxes do Arquivo Vidal con textos de 24 poetas. 

O noso colaborador Alfonso Espiño fálanos das últimas novidades músicais. 

Pin It on Pinterest