Radio Galega

A nosa nova colaboradora Luz Castro vén falarnos de videoxogos. Do MUVI de Cangas e da Game Jam da UDC.

Coa nosa nova colaboradora Luz Castro falaremos de videoxogos, e máis en concreto, do sector dos videoxogos en Galicia. Nestas semanas faremos un repaso polas diferentes iniciativas, eventos, empresas e títulos podemos encontrar.

Por exemplo, moita xente non saberá que temos moi preto un museo dedicado aos videoxogos. O MUVI, inaugurado en 2018 en Cangas, é o primeiro museo galego adicado ao mundo do videoxogo. Un espazo interactivo e divulgativo con máis de 2.000 pezas de hoxe e de sempre que abranguen 40 anos de cultura contemporánea onde podemos experimentar e probar as consolas e videoxogos máis relevantes da historia. Podemos facer unha viaxe no tempo dende a primeira consola comercial da historia –a MagnaVox Odyssey de 1972– ata as máquinas de última xeración.

 

Antonio Piñeiro fala con nós da súa última novela: ‘Esca’

Antonio Piñeiro, gañador do IV Premio Xosé Neira Vilas, vén falar connosco do seu premiado libro, Esca. Un relato “tenebroso” e con elementos simbólicos ambientado na ría de Arousa dos anos 20, concretamente no balneario da Toxa.

A Fundación Luís Seoane acolle a exposición ‘Poéticas Pendulares’ como peche do festival RESIS

A terceira edición do Festival de Música Contemporánea da Coruña, RESIS, baixa o pano este ano abrindo as portas ás Poéticas Pendulares. Esta é unha exposición que reúne cinco pezas audiovisuais de diferentes artistas cuxo nexo común é a utilización do corpo, o espazo e o tempo como elementos da expresión artística. A través destes elementos establécese un diálogo entre a arte coreográfica e a poesía.

As pezas son Les grands fantômes, As Grandes Pantasmas, de Louise Narboni e Yoann Bourgeois; Figuras decorativas, de Verónica Vicente; Urna, de Xurxo Gómez-Chao; La vaca, la perra, la virgen, de Luz Arcas, e Vibración do tempo, de Gosia Trebacz.

 

 

Baobab Teatro inaugura o Agosto Monicrequeiro da Cidade da Cultura

Agosto Monicrequeiro é a nova oferta de ocio e cultura familiar que nos propón a Cidade da Cultura. Uns espectáculos de marionetas que se desenvolverán ao aire libre, no Xardín do Teatro.

A programación inclúe as propostas das máis prestixiosas compañías galegas de marionetas: Tanxarina Títeres, que estará o 12 deste mes de agosto, Os monicreques de Kukas, o 19; e hoxe mesmo inicia este ciclo Baobab Teatro ás 7 da tarde co seu espectáculo Roque, Roquiño descobre o camiño, no que a actriz Andrea Bayer, descóbrelle a un fermoso e tenro monicreque e aos máis cativos as historias do Camiño de Santiago. 

A directora do espectáculo, Andrea Bayer fálanos da súa proposta

Entrevista a Samuel Diz, director artístico do festival Música no Claustro

Música antigua, clásica, contemporánea, pupular e tamén jazz danse cita na XIV edición de Música no claustro. Un festival que mestura música, patrimonio e creación na Catedral de Tui. 

Desenvólvese do 1 ao 7 de agosto, erixíndose como un espazo no que as persoas alimenten a súa confianza no futuro máis próximo dende o respeto e a convivencia, coa responsabilidade individual dentro do ecosistema colectivo do que formamos parte. 

Xa no ecuador do programa, o seu director artístico, Samuel Diz, fálanos da oferta do festival no que o prato forte é a música con 7 concertos que dan vida cada serán ao monumento, nun diálogo interxeracional que parte do compromiso de Música no claustro polas novas xeracións. 

Tamén se desenvolveron e hai prevista para hoxe mesmo conversas, en formato dixital, para o coñecemento e difusión do patrimonio e historia tudenses. 

Diario Cultural das 10:30

Samuel Diz, director artístico do Música no Claustro fálanos desta edición festival, a número XIV, na que se dan cita música, patrimonio e creación na Catedral de Tui. Tamén hoxe arranca o Agosto Monicrequeiro da Cidade da Cultura e o fai da man de Andrea Bayer que presenta o seu espectáculo de marionetas Roque, roquiño descobre o Camiño

E o noso colaborador Roberto Pascual fala da Escena queer a propósito da publicación do libro Nós xs inadaptadxs

Carlos Núñez comeza a súa nova xira polos lugares máxicos de Galicia

O músico galego Carlos Núñez comeza a súa xira Lugares Máxicos, unha xira onde se aposta por abandonar lugares pechados, contaminantes, agoniantes, por buscar outros máis abertos e especiais.

A xira, que se viña cavilando dende hai 5 anos, garda unha estreita relación coa arqueoloxía na busca de escenarios onde a contorna conxugue coa música nun espectáculo aínda máis especial.

Este mesmo venres 7 estará no pazo de Baión en Vilanova de Arousa. O día 8 estará no Mosteiro de San Salvador en Celanova e o 9 no de Santa María en Melón. A acollida está sendo moi boa por parte do público e, de feito, as entradas para o día 15 no Miradoiro de Monteferro en Nigrán xa están esgotadas. É por iso que se decidiu realizar unha nova sesión cun concerto matinal, alí mesmo, no día 16.

Nesta xira, o artista fará un adianto de Qeltic Bethoven, o seu próximo traballo, en que repasará os últimos Opus da lenda da música clásica que gardaban unha estreita relación coa música tradicional celta.

Diario Cultural das 14:30h

Carlos Núñez fará un adianto do repertorio Celtic Beethoven na xira de concertos Lugares Máxicos deste verán. Inaugúrase en Santiago de Compostela a exposición ‘Domingo de Andrade: xenio e oficio’.

E o noso colaborador de arqueoloxía, Mario César tráenos a segunda parte da historia de Santiago a partires das evidencias arqueolóxicas, tras o descubrimento do sepulcro do apóstolo.

Alba Barreiro innaugura o Noia Harp Fest

A gran cita de harpa en Galicia, o Noia Harp Fest, presenta nesta edición tres concertos: Alba Barreiro Trío, Noia Harp Consort e a banda do gambiano Mbye Ebrima, por primeira vez en Galicia.

Falamos co director do festival, Rodrigo Romaní, que nos desvela as claves desta nova edición; e con Alba Barreiro, a encargade de innaugurar este ciclo de música clásica.

A arpista viguesa presenta en formato trío o primeiro traballo discográfico adicado á música galega transcrita para arpa pola propia intérprete: ‘Eixos cromáticos’. Unha proposta musical, a que nos fai Alba Barreiro, basada nas composicións de dous dos referentes da música culta galega de principios do séxulo XX: Andrés Gaos e Xesús Bal e Gay.

Pin It on Pinterest