Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30
Falamos de rock and roll cos rapaces de Arapa-Xoe e coñecemos as candidatas aos Premios Mestre Mateo deste ano. Colaboración de Rosario Sarmiento.
Falamos de rock and roll cos rapaces de Arapa-Xoe e coñecemos as candidatas aos Premios Mestre Mateo deste ano. Colaboración de Rosario Sarmiento.
Entrevista a Xavier Castro polo libro Historia da vida cotiá en Galicia, séculos XIX e XX. Colaboración de ciencia co experto e director de Efervesciencia da Radio Galega, Manuel Vicente.
Presentación do festival Allariz Debuxado con César Lorenzo, director de Aira Editorial e organizador do evento. Colaboración de música con Alfonso Espiño.
Entrevista ao director do festival Escenas do Cambio, Pablo Fidalgo. Colaboración de Beli Martínez sobre o audiovisual galego.
Entrevista a Xesús Rábade pola publicación do libro Caldaloba en terras de Valverde.
A compañía Pálido Domingo actuará no festival Escenas do Cambio. Un coro californiano fixo unha versión dos temas estrela de Xabier Díaz. Colaboración musical de Tito Lesende.
Ibuprofeno Teatro estrea a súa última montaxe, O mel non caduca, no Teatro Principal de Compostela. Marián Bañobre e Avelino González son os protagonistas desta traxicomedia escrita e dirixida por Santiago Cortegoso.
Día da Ilustración dedicado a Cándido Fernández Mazas. A Biblioteca de Galicia acolle a exposición Cándido Fernández Mazas: signos dunha quimera. Entrevistas ao técnico superior da Biblioteca de Galicia Daniel Buján, á presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Beatriz Lema, e ao especialista na obra do homenaxeado José Manuel Bouzas.
O galego David Fernández, trompista principal na Filharmónica de Rótterdam, formará a novos músicos. Presentación do MOCA, Museo Online de Cine Autobiográfico, un proxecto impulsado por La Cinematográfica e Cafés Candelas para visibilizar o cinema doméstico e as narrativas en primeira persoa. Colaboración de Carlos Portela sobre banda deseñada.
A cuarta edición do ciclo Liberdades Sonoras trae distintos xéneros musicais ao Vello Cárcere de Lugo. Entrevista ao director artístico, Iván Arias.