Radio Galega

Polo mundo con Óliver Laxe e Manal Al Sheikh

Descubrimos o mundo e as súas fronteiras a través do cine de Óliver Laxe e da poesía da iraquí
Manal Al Sheikh. A Laxe denegóuselle o permiso de viaxe para ir aos Estados Unidos presentar ‘O que arde’ por ter visitado Irán; Al Sheik tivo que deixar o seu país e vive en Noruega desde hai unha década. Manal Al Sheik participa este luns no Ciclo Poetas Di[n]versos na Coruña e ‘O que arde’ chega ás salas de cine este xoves.

Podcast ´Diario Cultural´ das 9:30

Descubrimos o mundo e as súas fronteiras a través do cine de Óliver Laxe e da poesía da iraquí Manal Al Sheikh. A súa vez, Manuel Vicente descóbrenos algúns dos científicos e historias que agacha a táboa periódica dos elementos.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

‘Shakespeare ou tiña a Mofa e Befa ou botábaos de menos’

Quico Cadaval dirixe a comedia negra ‘Medida x Medida’ unha adaptación de Producións Excéntricas da obra de Shakespeare en coprodución co FIOT e que se estrea hoxe en Carballo. 

Revisamos clásicos coa nosa especialista en literatura infantil e xuvenil Montse Pena Presas. Comentario arredor dos libros ‘Da Carapuchiña ao señor Lamote. Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega’ de Miguel Vázquez Freire que publica Xerais e de ‘A verdadeira historia da carapuchiña vermella’ unha adaptación da Asociación Bata que publican Kalandraka.2 archivos adjuntos

Pin It on Pinterest