Radio Galega

Comeza o Surfing The Lerez

Neste Diario Cultural mergullámonos no Surfing The Lerez. O festival que se celebra na Illa das Esculturas de Pontevedra chega a súa sexta edición con Familia Caamagno, Terbutalina e Heredeiros da Crus como cabezas de cartaz. Coñecemos todos os detalles con Marcos Rivas, organizador do Festival, e con José Sánchez, guitarrista do grupo Fondo Norte que tamén estará sobre o escenario do Surfing The Lerez.

Podcast ‘Diario Cultural’ do día 20/06/2019

Neste Diario Cultural mergullámonos no Surfing The Lerez. O festival que se celebra na Illa das Esculturas de Pontevedra chega a súa sexta edición con Familia Caamagno, Terbutalina e Heredeiros da Crus como cabezas de cartaz. Coñecemos todos os detalles con Marcos Rivas, organizador do Festival, e con José Sánchez, guitarrista do grupo Fondo Norte que tamén estará sobre o escenario do Surfing The Lerez.

Tamén hoxe Tito Lesende despide a tempada no Diario Cultural das 17:30 coa estrea dos discos de s Raconteurs e Hollywood Vampires. Tamén nos avanza as novas incorporacións ao Festival Noroeste e as actuacións polo Día de San Xoán na Coruña. 

‘O teu o meu… ‘ de Xacobe Meléndrez Fassbender

Coñecemos a exposición ‘O teu o meu…’ de Xacobe Meléndrez Fassbender que se ven de inaugurar no espazo de intervención cultural NORMAL da Coruña. Unha exposiciónna que o autor reflexiona sobre os límites do espazo induvidual e colectivo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Hoxe coñecemos a exposición ‘O teu o meu…’ de Xacobe Meléndrez Fassbender que se ven de inaugurar no espazo de intervención cultural NORMAL da Coruña. E despedimos a nosa colaboradora de artes do movemento Rut Balbís que hoxe nos fala dos festivais de danza do verán.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe falamos co director vigués Álvaro Gago autor do guión e da dirección de “16 de decembro”; e tamén coñecemos a Cátedra de Feminismos 4.0 da UVIGO coa súa responsable, Águeda Gómez.

Coñecemos o libro-cd ‘Memoria Iluminada’

Hoxe coñecemos o libro-cd de poemas ‘Memoria Iluminada’ que ven de publicar Edicións Fervenza. Nel debúxase o universo de vivencias na aldea que se conservan na nosa memoria a través dos versos de Ánxela Gracián e a voz de Emilio Rúa.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Hoxe coñecemos o libro-cd de poemas ‘Memoria Iluminada’ que ven de publicar Edicións Fervenza. Nel debúxase o universo de vivencias na aldea que se conservan na nosa memoria a través dos versos de Ánxela Gracián e a voz de Emilio Rúa.

Tamén temos colaboración de música clásica con Luis Miguel Crespo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe coñecemos a plaquette poética ‘Carne da miña carne’ coa súa autora,  Susana Sánchez Aríns. E tamén a nova película do vigués Álvaro Gago titulada “16 de decembro”.

‘Quen salva un can’, o novo libro de Érica Esmorís

‘Quen salva un can’ narra as aventuras de Rai na terra na que os cans falan con Brutus Máximus, Matateu von der Lempertaler, Sete e Garlapata.

Unha historia para público xuvenil que coñecemos neste Diario Cultural da man dea autora, Érica Esmorís.

Pin It on Pinterest