Radio Galega

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe falamos da décima edición da Mostra de Cinema Periférico da Coruña, ou S8, que se está a celebrar nestes días porque hoxe arranca o Ciclo Jonás Mekas, unha homenaxe ao cineasta, considerado o pai do cinema experimental, falecido a comezos de ano.
E tamén coñecemos a xornada sobre videoxogos que está a ter lugar no Marco de Vigo, da man da deseñadora de videoxogos e profesora da USC, Luz Castro.

‘El primer loco’ de Rosalía de Castro

‘El primer loco’ é a derradeira novela de Rosalía de Castro e editora Albarellos ven de publicar unha edición facsimilar e ilustrada desta obra que conta con ensaio previo de María do Cebreiro e Germán Labrador, especialistas da obra de Rosalía de Castro.

Falamos con Henrique Alvarellos, editor do libro, e con María do Cebreiro. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Tamén temos recomendación de arte con Rosario Sarmiento.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Neste Diario Cultural falamos co director do CGAC, Santiago Olmo, xa que tamén dirixe o proxecto ‘We Refugees’ que se inaugurará o 28 de xuño. Trátase dunha exposición que aborda a universalidade da experiencia do exilio e o dereito de asilo nas sociedades democráticas contemporáneas.

Ademáis María Silva, unha das integrantes de Tanxedoras, cóntanos como vai a ser o concerto do vindeiro sábado en Vigo no que estarán acompañadas por Roberto Comesaña ao acordeón.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Roi Vidal, autor de “As Máscaras Blancas”, e tamén con  Fátima Brañas, astrofísica da UVIGO, sobre a relación entre  a astronomía e a cultura popular porque esta noite realizase unha actividade no Club Náutico de Castrelo de Miño.

‘Amarelo’ é o novo disco de Davide Salgado

Neste Diario Cultural conversamos con Pedro Pascual productor de ‘Amarelo’, o novo traballo discográfico de Davide Salgado no que mestura cancións tradicionais galegas con textos do escritor, guinista e actor Manolo Cortes.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Neste Diario Cultural conversamos con Pedro Pascual productor de ‘Amarelo’, o novo traballo discográfico de Davide Salgado no que mestura cancións tradicionais galegas con textos do escritor, guinista e actor Manolo Cortes.

Tamén temos colaboración de banda deseñada con Carlos Portela.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Mañá preséntase no Auditorio de Padrón o libro ‘Cartas a Murguía (1886-1923)’ dos autores e académicos Xosé Ramón Barreiro Fernández e Xosé Luís Axeitos. No Diario Cultural falamos con Xosé Ramón Barreiro para coñecer as 501 cartas que recolle este libro de máis de 300 remitentes e nas que se narra o comezo da ideoloxía rexioalista galega.

Tamén falamos con Fefa Noia, directora do Centro Dramático Galego que ven de comunicarlle a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) que deixará o seu posto en outubro para emprender novos cometidos profesionais.

Pin It on Pinterest