Radio Galega

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Programa especial do Diario Cultural dende o Festival de Curtas de Cans que se está a celebrar durante estes días. Estamos acompañados polo coordinador do Festival, Abel Gallego, e ademáis polos nosos micrófonos pasaron Adrián Canoura, que compite na categoría Furacans con ‘Caerán lóstregos do ceo’;  Mariana Carballal co proxecto Orballo; Gaspar Broullón, director de produción de ‘Eroski Paraiso’ filme que inaugura hoxe as proxeccións no Festival; e a directora de fotografía Lucía Catoira.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Neste Diario Cultural falamos con Antón Reixa, amigo do pintor coruñés Jorge Cabezas que sufriu un ictus fai 5 anos. Esta noite organizan un concerto de recollida de fondos para a súa recuperación acompañado dunha exposición na Fundación Luis Seoane.

Tamén hoxe coñecemos a última obra de Manuel Darriba titulada ‘Santa Morte ‘

Skacha está de volta

O grupo vigués Skacha regresa aos escenarios tras 8 anos e no Diario Cultural falamos con eles sobre os seus proxectos persoais, os seus temas máis recoñecidos, os dous concertos dos últimos días e futuras citas para apuntar nas axendas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Neste Diario Cultural falamos co grupo vigués Skacha que regresa aos escenarios tras 8 anos e Rut Balbís fálanos da presentación, os vindeiros 25 e 26 de maio no Salón Teatro de Compostela, de SOMA, a primera colaboración entre o coreógrafo e investigador Javier Martín e o escultor e performer catalán Joaquin Jara.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe comeza o Festival de Cans e neste Diario Cultural falamos con Keka Losada, presidente da Asociación Arela de Cans.

Ademáis hoxe deuse a coñecer o Premio Princesa de Asturias das Letras 2019 para Siri Hustved e coñecemos como foi o proceso de selección do premiado con Xosé Basllesteros, presidente da Asociación de Editores de Galicia e membro do xurado do Premio Princesa de Asturias das Letras 2019.

Xavier Alcalá presenta ‘Cartas ao Cholo’

Xavier Alcalá recolle neste libro as cartas que se enviaba con Antonio Rei Flórez, máis coñecido como Cholo, durante os anos 1994 e 2001 nos que o Cholo vivíu na Arxentina. 

‘Cartas ao Cholo’ é a homenaxe de Alcalá ao seu amigo finado en 2018. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural coñecemos o libro ‘Cartas ao Cholo’, a homenaxe de Xavier Alcalá ao seu amigo finado en 2018.  Xavier Alcalá recolle neste libro as cartas que se enviaba con Antonio Rei Flórez, máis coñecido como Cholo, durante os anos 1994 e 2001 nos que o Cholo vivíu na Arxentina.

Tamén hoxe Luís Miguel Crespo fálanos de como a música e o texto en galego confluíron en multitude de ocasión, nacendo así no século XIX as Melodías Galega.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe presentouse en Cannes “O que arde” do director galego  Oliver Laxe; o primeiro filme en lingua galega que compite na historia do Festival. Faino na sección ‘Unha certa ollada’.

Tamén falamos con Anxo García, un dos integrantes de ‘Viravolta Títeres’  e con Lara Rodríguez, concelleira de cultura de Lalín, sobre o peche do Museo Galego da Marioneta.

‘O que arde’ chega mañá a Cannes

Mañá presentase en Cannes o filme ‘O que arde’ do cineasta galego Oliver Laxe. Trátase da primeira vez que unha película en lingua galega compite en sección oficial do Festival. Faino no apartado ‘Unha certa ollada’ con máis de 30 filmes de todo o mundo. 

Coñecemos como vai a ser a presentación e como está o ambiente por Cannes grazas ao compañeiro da Televisión de Galicia que está a cubrir o festival, Ángel Suanzes, e o director do filme, Oliver Laxe. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Mañá presentase en Cannes o filme ‘O que arde’ do cineasta galego Oliver Laxe e hoxe ímos ata alí para coñecer como está o ambiente e falar co director.

Ademáis temos colaboración de arte con Rosario Sarmiento.

Pin It on Pinterest