Radio Galega

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe coñecemos a segunda edición da Mostra de Cine Latinoamericano Araguaney que comeza esta tarde no Salón Teatro de Santiago de Compostela e que se levará a cabo ata o 24 de maio. Proxectaranse un total de 9 filmes, catro longas de ficción e cinco documentais, de Chile, México, Arxentina, Uruguay, Brasil, Estados Unidos e República Dominicana.  

Hoxe celébrase a gala inaugural na que se fará entrega do II Premio Revbela de Comunicación e Investigación ao fotoperiodista Javier Bauluz, Premio Pulitzer de Periodismo en 1995.

Megumi Shiozawa no Diario Cultural

Entrevista a Megumi Shiozawa, responsable Casa Galicia-Xapón, que organiza a exposición “Beleza e Creatividade en Peregrinación” na Fundación Eugenio Granell.

César Llana no Diario Cultural

Falamos co director do Museo Etnolóxico de Ribadavia polo Día Internacional dos Museos.

Encarna Lago no Diario Cultural

Conversamos coa xerente da Rede Museística de Lugo no Día Internacional dos Museos.

Diario Cultural das 09:30

Polo Día Internacional dos Museos falamos coa xerente da Rede Museística de Lugo,
Encarna Lago, e co director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, César Llana. Acompáñanos como cada sábado o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares.

Programa especial dende o Museo do Pobo Galego

O Diario Cultural emite no Día das Letras Galegas un programa especial dende o Museo do Pobo Galego, institución que Antonio Fraguas dirixiu e presidiu.

Contamos con María Xosé Cerviño, biógrafa de Fraguas e subdirectora e Padroa Fundadora do Museo do Pobo Galego; Encarna Otero, historiadora; e Rosa Méndez, bibliotecaria do Museo.

Pin It on Pinterest