Radio Galega

Comeza a vixésima edición do Salón do Libro de Pontevedra

O Salón Internacional do libro infantil e xuvenil comeza un ciclo con máis de 300 actividades programadas ata o 12 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra para fomentar a lectura entre os máis cativos.

A directora do salón, Eva Mejuto celebra nos micros da Radio Galega os 20 anos e danos as pista deste salón. O homenaxeado vai a ser o escritor gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Antonio Tejado, varios autores lusófonos están convidados e a revolución é o tema central.

 

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural falamos con Eva Mejuto, a directora do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que comezou hoxe en Pontevedra a súa vixésima edición. Ata o vindeiro 12 de abril sucederánse un total de 300 actividades coa revolución como tema central e con autores lusófanos como convidados.

Tamén nos achegamos ata Vilalba porque hoxe presentouse o carte do FIV con artistas como Iván Ferreiro, Los Planetas, Dorian ou La Moda entre outros.

E coma todos os venres Beli Martínez trae as últimas novidades do audiovisual.

Podcast Diario Cultural das 14:45

Nesta nova edición do Diario Cultural coñecemos todos os galardoados nos Premios de teatro María Casares. Ademáis achegámonos ata o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que comeza hoxe unha vixésima edición na que o tema principal será a revolución e o homenaxeado o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Antonio Teijeiro.

Tamén viaxamos ata A Coruña para asistir ao simposio sobre a obra do Premio Nobel de Literatura  Mario Vargas Llosae , para rematar, unha axenda cultural para a fin de semana.

O CGAI homenaxea a Chema Prado

Chema Prado foi Director da Filmoteca Española entre 1989 e 2016 e gran amigo da cinemateca galega dende a súa creación hai 27 anos. Por eso, dende hoxe e ata o 10 de maio, o Centro Galego de Artes da Imaxe rídelle unha homenaxe na que lle da carta branca para a ecolla dos filmes que marcaron a súa traxectoria. Con él falamos nesta edición do Diario Cultural.

Podcast Diario Cultural das 14:45

No Día Mundial da Poesía sumámonos á homenaxe que a Real Academia Galega lle fai ao poeta Salvador García Bodaño, ademáis falamos con Olga Novo, autora do poemario Feliz Idade da Editorial galega Kalandraka.

‘Libro de horas’, recital de Rebeca Baceiredo

A escritora e filósofa preséntanos as súas últimas novidades. En ‘Libro de horas’ lemos: á madeira non lle afecta / que comas nela / ou que pouses só / a banalidade dun souvenir.

Videosinxelos: ‘As crónicas’ e ‘El salto’. Os amigos dos músicos con Prenom e Silvia Penide con Pulpiño Viascón.

Coñecemos dúas cancións novas e os seus vídeos. Unha viaxe por Galicia con Rubén Domínguez de Prenom para a canción ‘As crónicas’ de Os Amigos dos Músicos e unha viaxe en 360º pola Coruña con Pulpiño Viascón para ‘El salto’, de Silvia Penide. Dous adiantos de dous discos que sairán esta primavera.

‘Entre soños’, o primeiro espectáculo da compañía de danza de Fran Sieira

O bailarín de Ribeira dirixe un espectáculo de danza, canto e música tradicional que interpreta xunto a Aida Tarrío e Xisco Feijoo. Hoxe en Ribadeo e nas vindeiras semanas en Narón, Compostela, Vilagarcía, Cargallo, Lugo ou A Coruña.

A actriz Isabel Blanco, recoñecida co Premio Celanova Casa dos Poetas

Conversamos coa actriz sobre o premio, os 20 anos de Mareas Vivas e o seu proxecto actual: ‘Pasaporte galego’.

Monterroso celebra a cuarta edición da Feira do Libro e o Disco Galegos

Achegámonos á feira e ao activismo cultural de ’25 xastres’ co voceiro desta asociación Serxio Alba.

Pin It on Pinterest