Radio Galega

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Falamos cos directores da Aula de teatro da Universidade de Santiago e da Aula de teatro universitario de Ourense porque a xunta directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia concédelles o premio de honra Maria Soto, que será entregado durante a gala dos premios de Teatro María Casares.

Tamén falamos con Carlos Rodríguez, un dos directores de O Son do Camiño sobre a venda de abonos, e Ruth Balvís cóntanos as novidades das artes do movemento.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Falamos da inauguración de ARCO, a Feira Internacional de Arte Contemporánea que se celebra en Madrid e onde a representación galega corre a cargo da galería PM8. Tamén falamos da estrea de representacións teatrais Excéntricas.

‘A casa do Paralelo 54’ é o novo libro de Iria Collazo López

Falamos dun libro editado por Galaxia e que conta a historia de dous mozos, un mapache, casas penduradas de paralelos, camas barco, insectos descomunais e medos.

Podcast ‘Diario cultural’ 17:30

Falamos de A casa do Paralelo 54, un libro de Iria Collazo e editado por Galaxia. Conta a historia de dous mozos, un mapache, casas penduradas de paralelos, camas barco, insectos descomunais e medos.

Ademais, Rosario Sarmiento fálanos de Utopía ou distopía, unha mostra da escultora Soledad Penalta.

A residencia literaria de Yolanda Castaño na Coruña

A poeta galega Yolanda Castaño preséntanos o seu proxecto máis importante, unha residencia literaria na Coruña.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Viaxamos ata a Coruña para coñecer a residencia literaria da poeta Yolanda Castaño. Tamén falamos con Tito Lesende sobre as novidades musicais do panorama mundial.

Preséntase a biografía de Suso Vaamonde

Suso Vaamonde falecía en febreiro do ano 2000. 19 anos despois, o seu amigo, escritor, xornalista e tamén músico Miguel Boo publica a biografía do compositor vigués baixo o título Suso Vaamonde: voz de trebón.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Miguel Boo preséntanos Suso Vaamonde: voz de trebón, a biografía do compositor vigués Suso Vaamonde falecido hai 19 anos. Un músico que dedicou parte da súa traxectoria a pór melodía ás letras dos poemas dos grandes autores galegos. Ademais, falamos con Carlos Portela sobre banda deseñada e, en concreto, do cómic gañador do Man Book Price.

20 anos de Susana Seivane

Susana Seivane fai 20 anos na música con novo disco baixo o brazo, FA, e celébrao cunha serie de concertos entre os que destacan o do próximo xoves 21 de febreiro, día en que xustamente fai dúas décadas do seu primeiro traballo homónimo.

A intérprete botará a vista atrás para repasar todo o seu percorrido nun concerto moi especial no Garufa Club da Coruña, ás 9 da noite

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Nesta nova edición de Diario cultural comezamos coa conversa que tivemos con Susana Seivane durante os ensaios do primeiro concerto de presentación do seu novo proxecto discográfico, FA, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Fixemos con ela un repaso polos 20 anos que leva adicada a música, dúas décadas que fai xustamente este xoves día 21 de febreiro e que festexará sobre o escenario do Garufa Club da Coruña.

Ademais, escoitamos un novo capítulo da conversa co ilustrador Pepe Barro, e a nosa colaboradora Alba Cid explícanos todos os detalles de O puño e a letra, de Yolanda Castaño.

Pin It on Pinterest