Podcast Diario Cultural 17:30
A galega Melania Freire presentará mañá a súa colección na anteriormente coñecida como Pasarela Cibeles.
Ademais, o noso colaborador Carlos Portela chega, un mércores máis, para falarnos sobre banda deseñada.
A galega Melania Freire presentará mañá a súa colección na anteriormente coñecida como Pasarela Cibeles.
Ademais, o noso colaborador Carlos Portela chega, un mércores máis, para falarnos sobre banda deseñada.
A revista, que se publica cunha periodicidade anual, centra esta edición nos elementos que evocan o tránsito. Falamos con Pilar Abades, integrante do equipo editorial da revista.
‘Dos lugares que habitamos dende a precariedade actual’, recital da escritora Arancha Nogueira en diálogo coa canción ‘A vitoria’, de Ataque Escampe.
‘Está ben, Ma (só estou sangrando)’ é a tradución ao galego dunha canción de Bob Dylan que Lois Pérez publicou esta semana e que nos serve para falar deste fenómeno na Rede, as cancións subtituladas en galego.
Reportaxe sobre cancións subtituladas en galego, Cibrán Tenreiro falando de como o diñeiro aparece nas cancións, Paula Doors de como a revolveu o traballo ‘Déixaas’ de Mercedes Peón e a escritora Arancha Nogueira recitando textos de ‘Spleen en catro tempos’ e ‘Taxidermia’.
‘É algo trite que a xente queira acabar coa experiencia estética e converter a arte en algo que unha le, entende e pode categorizar. A inocencia na arte é liberdade. Liberdade de poder ser aquilo inesperado’
‘Perencontro’ de Alejandra Pombo é unha intervención que inclúe a publicación ‘Inocencia’ na que a artista escribe en diferentes viaxes en tren unha serie de cartas a Albert Serra.
A artista Alejandra Pombo presenta a sñua intervención da Zona C de Santiago: ‘Perencontro’. Tamén unha publicación sobre a Inocencia en forma de cartas ao cienasta catalán Albert Serra. No tempo de cultura científica Manuel Vicente fala hoxe de medidas e pesos: en 2019 despediremos ao patrón do quilogramo que se garda en París.
Falamos coa actriz Claudia Basallo Rego, o director Lois Basallo e a produtora Adrianna Rego. Forman parte de Vou Films que estrean hoxe na Pobra do Caramiñal a curta As Lavandeiras.
Coñecemos a curtametraxe ‘As lavandeiras’ de Vou Films e a unha familia de cine. Na súa colaboración semanal o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, fálanos do Decálogo de igualdade e lembra á pioneira Alice Guy. Coñecemos o premio ao mellor festival de interior para o WOS de Compostela, a apertura do ciclo Liberdades Sonoras de Lugo e rematamos coa visita de Tounda, banda da que nos fala o músico do Eo-Navia Esteban Girón.
O galego Cesáreo Sánchez Iglesias publica o seu derradeito traballo, “As bolboretas do Mekong”.