Radio Galega

Podcast Diario Cultural 9:30

A crítica de arte Natalia Poncela presenta ‘Nem tudo é arte? Mod@s de olhar’, un ensaio publicado por Através na colección Alicerces que dirixe Teresa Moure.

O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, fálanos dos Papeis da Academia, o anuario dixital da institución no que repasan que aconteceu este ano, adiantan proxectos de 2019 e homenaxean a seis pioneiras do audiovisual.

Podcast Diario Cultural 17:30

O Diario Cultural de esta tarde emitiuse dende a Sala Iguana de Vigo, polo 28 aniversario do local e a súa influencia na música viguesa. Os seus propietarios e encargados fixeron un percorrido pola intensa vida da sala, dende a súa fundación no ano 1990.

A Iguana foi punto de encontro para os afeccionados do rock and roll da cidade viguesa e reuniu a algúns dos grupos máis coñecidos do panorama galego. Un dos convidados principais será Billy, encargado da sala durante moitos anos, labor que compaxinou co seu traballo de músico no grupo Killer Barbies.  Para falar da influencia de Iguana na música viguesa interviu no espazo Xosé Otero, presentador do programa ‘A Canteira’ de Radio Ecca. Otero explicou a historia dos grupos que se deron a coñecer na sala viguesa.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos de premios con banda sonora. A casa de Rosalía entrega este venres día 28 o premio de Investigación e Ensaio Ramón Baltar Feijóo.

DJ Mil animará a noite de fin de ano na Praza de Cervantes de Compostela

“Phonorama” amenizará a noite de fin de ano na Praza de Cervantes en Santiago de Compostela desde a 01:00 da madrugada. Falamos con DJ Mil para que nos conte un pouco máis sobre a actuación e a súa carreira.

Xiana do Teixeiro presenta en Numax “Todas as mulleres que coñezo”

“Preocupeime moito de pensar cómo se podía articular un discurso que protesta contra o medo que non resultase desarmante”

A cineasta lucense Xiana do Teixeiro presenta no cine Numax o filme “Todas as mulleres que coñezo”. O documental que aborda como nos relacionamos no espazo público e se nel somos libres as mulleres, conta hoxe con dúas sesións nas que a directora estará acompañada dalgunhas das protagonistas, de Nieves Neira, Olalla Caamaño e Beatriz Rodríguez.

Podcast Diario Cultural 9:30

Presentacións do documental “Todas as mulleres de coñezo”, de Xiana do Teixeiro.

Colaboración de ciencia de Manuel Vicente sobre a lúa azul e o proxecto “Ceos galegos”.

A mostra “Eco Visual” chega a Pontevedra

O pasado 15 de decembro inaugurouse a exposición “Eco Visual” na Galería Nemonon de Pontevedra. Falamos con Antón Patiño, autor da exposición.

Podcast Diario Cultural 17:30

O pasado 15 de decembro inaugurouse a exposición “Eco Visual” na Galería Nemonon de Pontevedra. Falamos con Antón Patiño, autor da exposición.

Ademais, a nosa colaboradora experta en arte, Beli Martínez, fala con nós sobre os mellores agasallos para este nadal.

Podcast Diario Cultural 14:45

Coñecemos o novo proxecto literario de Claudio Pato. Tamén falamos do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio que recoñece a obra de Fernando Redondo Nera.

Podcast Diario Cultural 10:30

Os músicos Germán Díaz e Benxamín Otero publican o disco ‘Trece cancións bonitas’. Como cada venres, falamos de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena. A recomendación da semana é a novela ‘O bestiario científico de Anxos Nogueirosa’ de Antonio Manuel Fraga.

Pin It on Pinterest