Podcast Diario Cultural 17:30
Inauguración da exposición ‘Alba de Gloria’, que recrea o universo do último gran discurso de Castelao. Reportaxe sobre o taller ‘Narrar a esencia’, a cargo da dramaturxia e escritora Ana Carreira.
Inauguración da exposición ‘Alba de Gloria’, que recrea o universo do último gran discurso de Castelao. Reportaxe sobre o taller ‘Narrar a esencia’, a cargo da dramaturxia e escritora Ana Carreira.
Castelao e a súa creación dende Bos Aires. ‘Alba de Gloria’ é unha peza única escrita no exilio e reúne no seu discurso a fractura política, as vidas e as historias propias e a esperanza ante un futuro mellor.
Arranca Cineuropa en Santiago de Compostela. O noso experto en artes escénicas, Roberto Pascual, traénos as novidades do mundo do teatro.
A Fundación SGAE presenta o XXII Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que terá lugar durante o mes de novembro en seis cidades españolas, entre as que se atopa Santiago de Compostela. A capital galega acollerá esta mostra de dramaturxia contemporánea, cuxo obxectivo é incentivar a escrita e lectura de pezas teatrais.
Os textos en lingua galega escollidos son “Os bólidos do esquecemento”, de Julio Fernández, que será o 6 de novembro; “Malcriada. Unha historia de amor”, de Esther F. Carrodeguas, o 8 de novembro; e “Culpable”, de José Prieto, que terá lugar o 14 deste mesmo mes.
Falamos coa persoa que estivo na selección das obras, o representante de Artes Escénicas na SGAE, Vicente Montoto, para que nos conte máis detalles sobre o Ciclo.
O Festi= da Coruña e a exposición ‘Pezas e trazos’ no Gaiás.
Comezou con este estilo musical hai 2 décadas na vila de Ordes. Xunto a Dios ke te Crew ou Ghamberros creou algúns dos temas más emblemáticos do rap galego. Agora, en primicia para Radio Galega, García MC cóntanos todos os detalles sobre o seu novo single, no que traballarán artistas coma Cintia Montaño, Digo Diego ou Pow.
Entrevista ao rapeiro García MC e colaboración de arte de Rosario Sarmiento sobre a mostra mostra Català-Roca en Galicia.
Entrevista a Eli Ríos polo premio González Garcés 2018 e montaxe sobre o Festival Titiriberia.
Xavier Alcalá presenta o libro ‘The making of’. Ademais, conversa con Emilio Españadero sobre música tradicional.
Detéxtonos. Recital do novo libro de Xabier Xil Xardón xunto a Leo Arremecaghona.