Podcast Diario Cultural 14:15
Música e poesía. Novidades de Lamprea Explosiva e Radio Océano e recital de Xabier Xil.
Música e poesía. Novidades de Lamprea Explosiva e Radio Océano e recital de Xabier Xil.
Premios da Crítica de Galicia 2018
Entrevista a Pablo Fidalgo pola obra ‘Anarquismos’
Xoán Curiel presenta polas vilas galegas o seu último traballo. ‘A casa do terror’ é un proxecto moi coidado, con moitos meses de traballo enriba. Vén da man dun espectáculo con músicos e artistas de gran solvencia. Nesta semana estase a celebrar unha rolda de presentación do seu libro+cd na ‘Xira Samaín 2018’ por varios concellos.
Grupos coma Revelión do inframundo, Lágrimas de Sangre, Talco ou Mafalda actuarán esta noite no festival. Mañá serán Boikot, Zoo ou Dakidarría os que farán saltar aos asistentes do certame.
Ademais dos concertos tamén haberá actividades para todos os públicos e idades, como pasarrúas, cantos de taberna ou o Castañazo infantil.
Entrevista ao comisario da exposición ‘Wanderlust Galicia-Baviera’, Antón Sobral, e colaboración sobre audiovisual galego con Beli Martínez.
Festival Catropezas, construído a partir dos valores da resistencia e do fracaso. A súa linguaxe experimental é o resultado dun traballo sólido, disciplina e experiencia. Trásate dun evento que combina a danza con outros xéneros. Hoxe comeza coa peza ‘Piedra’ da compañía Cielo Raso, que será seguida por obras como ‘Heartbeat’ de Sandra Gómez e ‘Sempreviva. A raíz da casa’ de Arraiana que se poderán ver nas vindeiras semanas.
Neste Diario Cultural tamén falamos de ‘Intersección. Encontro Internacional de Arte Audiovisual’, un espazo que entende a arte desde os formatos libres e a creación audiovisual nun sentido amplo. A obra de Ignacio Pardo, pioneiro do chamado videoarte, é un das protagonistas deste encontro.
Entrevista a Andrés Lacasa, xerente da Orquestra Sinfónica da Coruña, sobre a actuación da violinista granadina María Dueñas esta noite ás 20.30 no Palacio da Ópera. Neste espazo tamén entrevistamos a Iván Gómez, un dos organizadores do Castañazo Rock. Como cada venres, chega Montse Pena con recomendacións literarias.
Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes Kino Galicia e mostra “Sonoro empeño”.
“A morte no Neolítico: Os primeiros enterramentos monumentais en Galicia”, de Patricia Mañana-Borrazás, e “A morte na Galicia Romana”, de Ana Suárez Piñeiro.