Radio Galega

Arte ante a traxedia, conversa co dramaturgo Manuel Lourenzo e xuntanza de gaiteiros

A arte ten a capacidade de reaccionar ante as traxedias. Así nace a escultura ‘O Chamizo’ do artista Juan Coruxo e o proxecto ‘Arte no queimado’, no que participan numerosos artistas galegos e portugueses co obxectivo de sensibilizar contra o lume.

Durante o Diario Cultural tamén houbo espazo para falar co dramaturgo Manuel Lourenzo sobre a súa vida, profesión e gran paixón. A curiosidade propia desta profesión levouno a querer vivir en primeira persoa todos os oficios do mundo do cine, do teatro e do audiovisual, contou o actor ante os micrófonos da Radio Galega. Manuel Lourenzo é autor de máis de 200 pezas teatrais, ademais dun gran explorador de novas formas e xéneros anovadores.

Para finalizar este espazo cultural, Emilio Españadero repasa as últimas novidades en música tradicional. Unha xuntanza de gaiteiros con moita historia homenaxeará a Xabier Díaz e o grupo Leirabuxo presenta o seu segundo traballo discográfico.

Pezas artísticas para recordar os incendios

Diario Cultural recorda hoxe a traxedia dos incendios de outubro de 2017. A arte ten a capacidade de reaccionar ante as traxedias. Así nace a escultura ‘O Chamizo’ do artista Juan Coruxo e o proxecto ‘Arte no queimado’, no que participan numerosos artistas galegos e portugueses co obxectivo de sensibilizar contra o lume.

Durante o Diario Cultural tamén houbo espazo para falar co dramaturgo Manuel Lourenzo sobre a súa vida, profesión e gran paixón. A curiosidade propia desta profesión levouno a querer vivir en primeira persoa todos os oficios do mundo do cine, do teatro e do audiovisual, contou o actor ante os micrófonos da Radio Galega. Manuel Lourenzo é autor de máis de 200 pezas teatrais, ademais de explorar formas e xéneros anovadores.

 

 

Podcast Diario Cultural 9:30

Entrevista ao codirector do Festival de Cinema Fantástico da Coruña, Tonecho Otero. Conversa co presidente da Asociación Galega do Audiovisual, Carlos Ares.

 

Podcast Diario Cultural 9:30

A partir do texto ‘Pan (libro de ler e desler)’ da poeta galega Estíbaliz Espinosa, Helena Salgueiro creará unha performance con canto e percusión en directo, arredor da idea de desexo, erotismo e feminismo.

Podcast Diario Cultural 17:30

NetLabel descarga de música galega en Internet. Reportaxe da reapertura da sala “A Pousada das Ánimas” o día 12 cun triple concerto.

Podcast Diario Cultural 14:45

Entrevista á directora artística de Cantos na Maré, Uxía.

Podcast Diario Cultural 10:30

Entrevista ao responsable do Festival de Títeres Galicreques. Colaboración sobre literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas.

 

Podcast Diario Cultural 17:30

Programa realizado dende Pontevedra con motivo do festival Cantos na Maré.

Podcast Diario Cultural 14:45

Arranca en Pontevedra o Festival da Ilusofonía ‘Cantos de Maré’. Serán catro días de música y cultura no que participarán recoñecidos artistas como Teresa Salgueiro ou Mercedes Peón. O desafío desta edición é apostar por músicas de diferentes estilos cunha tendencia máis urbana para xente nova, pero sen perder a súa esencia.

Os músicos e participantes poden disfrutar desta gran festa da lingua que reúne a territorios que apostan pola diversidade e a integración.

Os festivais de música non rematan aquí. Este sábado chega a Compostela o Festival de Títeres Galicreques e mañá comeza o Festival Internacional de Blues na cidade portuguesa de Braga.

Podcast Diario Cultural 10:30

Quico Cadaval presenta na Radio Galega a obra “Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena” que se estrea hoxe en Santiago. A peza teatral emprega recursos do mundo do circo para representar a realidade escrita no libro de Méndez Ferrín. Un feito que entusiasmou ao escritor polo seu vínculo familiar co mundo circense.

A obra fala das formas que ten o ser humano de enfrontarse aos medos, en concreto, da infancia. O director Quico Cadaval compara a peza teatral cunha viaxe ou un videoxogo. O público pode gozar da función ata o 20 de outubro, de xoves a sábado ás 20.30 horas e os domingos ás 18.00 horas.

Nesta edición de Diario Cultural da Radio Galega tamén houbo espazo para falar sobre a nova película “A sombra da lei”, dirixida por Dani de la Torre e protagonizada por Luis Tosar e Michelle Jenner.

 

Pin It on Pinterest