Ana Abad

‘Come and go’, de Samuel Beckett a Helena Salgueiro

Aba Abad fálanos da creadora escénica, performer, poeta e dramaturga Helena Salgueiro, para afondar no seu último traballo. ‘Come and go’ é unha montaxe do texto orixinal de Samuel Beckett, coproducida polo Centro Dramático Galego.

Vicus Teatro, proxectos a lume manso

Ana Abad fala na súa colaboración de Vicus Teatro, unha nova compañía de artes escénicas, finalistas no certame Xuventude Crea 2021.

Mevadeus e o seu Agro 5G

Mevadeus é unha compañía de teatro físico formada polas actrices Mara Neira e Inés Santos e os actores Brais Pombo e Bal Castro, que vén de gañar o Premio Xuventude Crea de Teatro coa súa peza ‘Agro 5G’. Ana Abad cóntanos máis sobre o nacemento da compañía e os seus proxectos.

O traballo máis persoal do coreógrafo Xián Martínez

O traballo máis persoal do coreógrafo Xián Martínez

Arroutadas, compañía teatral descarada

Arroutadas, compañía teatral descarada, está formada por Lydia Prada, Mario Rodríguez e Uxía Algarra. Veñen de presentar a súa última peza, ‘DES-abonar’, dentro do certame Metro Cadrado do FIOT de Carballo. Fálanos deles a colaboradora Ana Abad.

Miguel Romero, da ilustración ao teatro e viceversa

Miguel Romero, ou @miguell_romero en Instagram, comezou a facer ilustracións nun caderno para pasar o tempo. Miguel é actor, titulado superior en Arte Dramática, e a través do instagram xurdiulle a oportunidade de colaborar coa compañía Producións De dous dedais coas súas ilustracións.

A colaboradora Ana Abad preséntanos a Miguel desde a súa faceta de ilustrador ata a de actor-creador con obras como ‘Salustiano’.

Coñecemos a Chelo e Judith de Producións de dousdedais

Producións de dous dedais é unha compañía emerxente galega de artes escénicas creada este ano polas actrices Judith Ortigueira e Chelo Todeschini. As liñas de acción da compañía, actuais e de cara ao futuro, céntranse nun teatro cun forte compoñente social e na hibridación de xéneros, a partir de seguir apostando pola colaboración con outras disciplinas artísticas, como a música e a ilustración.

Coñecemos máis sobre elas con Ana Abad de Larriva. 

Xebra, creación escénica contemporánea

Na sección de Ana Abad falamos coa compañía Xebra sobre a estrea da súa primeira peza, Irremediablemente soa.

‘Amorodio’, a compañía que quere ficar aquí

Na secciónde artes escénicas, Ana Abad achéganos á compañía Amorodio Teatro, que nos fala sobre a súa primeira peza, Reino da extinción.

Tricotrí Teatro estréase con ‘Monstros de dez minutos’ en Madrid

Na sección de Ana Abad, a nosa experta en artes escénicas, falamos con Yoli Lorenzo e Iván Márquez, da compañía galega Tricotrí Teatro. Están agora en Madrid de xira co seu  primeiro espectáculo ‘Monstros de dez minutos’, dirixido ao público familiar e que de momento está tendo moi boa acollida.

Pin It on Pinterest