Sara Donoso

Así funciona a bolsa de formación artística da Fundación Mª José Jove

As artistas Lara e Noa Castro amplían os seus estudos no Art Institute FHNW de Basilea cunha bolsa da Fundación María José Jove. Con elas analizamos a importancia deste tipo de axudas e formacións para os artistas novos.

10 anos dos Xuventude Crea

Nesta ocasión, Sara Donoso entrevista a Alexandra Rey, comisaria do proxecto ‘Xuventude CREA. Máis dunha década’, un conxunto de mostras itinerantes que conmemora o décimo aniversario dos Premios Xuventude Crea.

Arte em trânsito

Cruzamos a raia para visitar a vila de Monçao e coñecer o proxecto ‘Arte em Trânsito’ da man do seu organizador, Ricardo de Campos. Unha proposta que marida a arte e o patrimonio vitivinícola e na que colaboran a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e o Municipio de Monçao.

Premios Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Esta última edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas deixou como gañador a Diego Vieites. No Zeta, Sara Donoso conversa coa finalista Antía Vieiro, recén graduada en Belas Artes, que quedou segunda co seu traballo “Unha infancia sinistra”.

Moda galega na Allianz Ego da Fashion Week de Madrid

Sara Donoso fala con Patricia Chamadoira e Candela Novoa, que veñen de expoñer as súas colección na Allianz Ego da Mercedes-Benz Fashion Week de Madrid. Con elas vemos como os procesos de pensamento e de creación mostran intereses cruzados entre a moda e as artes visuais.

Do final e do comezo 2021: Unha odisea no Pazo

‘Do final e do comezo 2021: Unha odisea no Pazo’ é unha exposición que acolle unha selección dos Traballos de Fin de Grao do alumnado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, celebrada no Pazo da Cultura da mesma cidade.

Galpón Lab, unha asociación para promover a creación artística e o intercambio cultural

Na sección de Sara Donoso conversamos con Eva Fandiño e Iria Rodríguez sobre Galpón Lab, unha asociación que ten como obxectivo promover o intercambio cultural a través de diferentes proxectos como faladoiros, exposicións ou obradoiros.

A relación entre creación e maternidade a través da experiencia de cinco mulleres

Na sección de Sara Donoso, experta en artes visuais, afondamos na relación entre creación e maternidade a través da voz e da propia experiencia de cinco artistas comtemporáneas e axentes culturais galegas: Anxela Caramés, Olaia Sendón, Sonia Tourón, Chus Villar e Amaya González.

Cuchiflainas, moda para a ‘Xeración Zeta’

Na sección de Sara Donoso afondamos no proxecto Cuchiflainas da artista Xoana/Pascual. Unha iniciativa que se centra na moda e complementos  pero que tamén combina a pintura, a serigrafía, a reciclaxe, a costura e o deseño.

Taller Abierto e a divulgación da arte contemporánea entre os cativos

Na sección de Sara Donoso, experta en artes visuais, afondamos no proxecto ‘CATRO + CATRO’ de Taller Abierto. Unha iniciativa que, coa axuda dunha serie de vídeos, pretende achegar a arte contemporánea galega ós rapaces dos colexios a través da obra de oito artistas mozos.

Pin It on Pinterest