Descubrimos libros para gozar do tempo de lecer

Esta semana Armando Requeixo vén cargado con dúas propostas narrativas ben amenas para as horas de lecer: as novelas Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, e mais Bergan, de José Lorenzo Tomé.

Os días felices de Benvido Seixas (Xerais) é a historia dun amor tan intenso coma complexo: o dun dandy vigués que vive rodeado de luxos e amigos snobs e unha camareira pontevedresa imbuída na loita revolucionaria do proletariado. Unha feliz casualidade fainos encontrarse e a paixón non tardará en agromar. Mais o que o Amor une non dura para sempre… ou si?

Bergan (Baía) é unha novela iniciática protagonizada por un mozo á procura da memoria secreta de Dóniga, a civilización perdida dos devanceiros, a terra da Cidade da Estrela onde a luz irmandaba antes da chegada dos tempos escuros de Ténebro. Unha viaxe física que é, antes nada, unha viaxe mítica, identitaria e simbólica na que se nos convida a repensar os grandes conceptos do Tempo e a Morte e a nosa relación coa natureza e o ente social.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share