Todas as colaboracións

Debullamos a 6ª Sinfonía de Beethoven, protagonista desta semana da programación da OSG

O noso colaborador Luis Miguel Crespo continúa co comentario da programación da Orquestra Sinfónica de Galicia. Logo de arrancar a tempada con Mahler, chega o turno de Beethoven e a súa 6ª Sinfonía, a Pastoral.

De marcado carácter programático, esta Sinfonía está baseada na vida no campo, e describe con moita precisión os sentimentos que a vida campestre esperta, ademais de fenómenos naturais como as tormentas. 

A 6ª Sinfonía poderase escoitar en dóus concertos en Ferrol e na Coruña, baixo a batuta do mestre portugués Nuno Coelho. 

“O famoso catálogo Walker and Down”, aventuras para os máis experimentados da man de Davide Morosinotto

Montse Pena Presas achéganos as aventuras de O famoso catálogo Walker and Dawn, de Davide Morosinotto, un libro para o lectorado xuvenil máis experimentado. Traducido por Moisés Barcia para Sushi Books. 

Falamos do Incipit, o instituto de investigación do CSIC orientado ao patrimonio cultural

Na sección desta semana con Mario César Vila falamos do Incipit, o instituto de investigación do CSIC orientado ao patrimonio cultural.

O Incipit reúne a especialistas de numerosos campos, como antropoloxía, arqueoloxía, arquitectura, astrofísica, educación, filosofía, xeografía, historia, enxeñaría de software, ou lingüística.

Elena Cabrejas Domínguez, investigadora do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), informounos sobre as principais liñas de investigación e proxectos nos que están traballando.

Cris Castro presenta o seu primeiro traballo en solitario

Na colaboración musical de Alfonso Espiño escoitamos a canción ‘Cambio’ de Cris Castro, que presenta o seu primeiro traballo en solitario

Segunda xornada do Festival Blues Experience

Na colaboración musical de Alfonso Espiño falamos dos artistas protagonistas desta segunda xornada do Festival Blues Experience, en Fisterra

Sabela Mendoza convídanos a danzar coas citas na axenda das artes do movemento

Sabela Mendoza convídanos a danzar coas citas na axenda das artes do movemento.

As Residencias Paraíso do colectivo RPM, a presenza do colectivo ‘Límites-Corpo Colectivo Transfronteirizo’ no Play Doc e avance das próximas programacións de danza son motivo do seu comentario. 

Exploramos as novidades musicais na actualidade folk incluso pasando a Raia

Do noso sur e de máis aló da raia, exploramos propostas dos nosos veciños como as novidades de Sara Vidal, voz e referente lugar durante 6 anos de Luar na Lubre.

Ademais, falamos tamén do centenario do nacemento de Amália Rodrigues e de Sérgio Godinho, que cumpre 75 anos, e da súa canção de protesto.

‘Once contos peregrinos’ de Vanessa Fernández Segura lectura recomendada por Armando Requeixo

Esta semana Armando Requeixo proponnos a lectura de Once contos peregrinos de Vanessa Fernández Segura.

Once contos peregrinos (Toxosoutos) supón a estrea narrativa de Vanessa Fernández Segura, quen ofrece aquí un conxunto de historias en edición bilingüe galego-inglesa e prólogo e imaxe de cuberta de Javier Blanco Vázquez.

Os relatos de Fernández Segura afondan no mistérico e sorprendente do ultramundo galego, facendo convivir a parroquia dos vivos coa dos mortos e volvendo a ollada a esa Galicia inmaterial na que deambulan, con absoluta naturalidade, a Santa Compaña, os cambións, as meigas ou os lobishomes, entre moitos outros seres máxicos.

 

 

Falamos da mostra “Seica”, a primeira exposición individual de Xesús Carballido

A obra de Xesús Carballido é absolutamente singular, traballando cunha linguaxe profundamente persoal recupera obxectos da vida cotiá para integralos e compoñera partir deles e dunha maneira equilibrada, unha nova obra de arte. Compón os seus collages a partir de obxectos que deixaron de empregarse, que xa non teñen utilidade, e que adquiren de novo vida propia dentro da peza, evocando lembranzas, recordos e ideas.
Carballido emprega todo tipo de pequenos obxectos para crear as súas obras, desde tipos de imprenta a cunchas mariñas, ferros forxados, restos de xoias, etiquetas de produtos comerciais e mil obxectos máis; construíndo con todo iso minimundos que nos trasladan a lugares misteriosos, pero tamén coñecidos, como gardados nos recunchos da nosa memoria.
A mostra do Museo do Mar, componse de preto de setenta obras -collages, debuxos e tamén algunha escultura- e entre as que se atopan dúas series de temática mariñeira elaboradas especificamente para esta exposición. 

‘Poesía (modelo para romper)’ de Amauta Castro motivo do comentario poético de Alba Cid

‘Poesía (modelo para romper)’ de Amauta Castro motivo do comentario poético de Alba Cid. Un auténtico libro obxecto con 72 poemas a modo de instrucións. 

Pin It on Pinterest