Piti Sanz publica o seu novo disco
Na colaboración musical con Alfonso Espiño falamos dunha estrea mundial: o novo disco de Piti Sanz. Escoitamos algunhas das cancións inéditas.
Na colaboración musical con Alfonso Espiño falamos dunha estrea mundial: o novo disco de Piti Sanz. Escoitamos algunhas das cancións inéditas.
A sesión de hoxe recupera a colección de Carlos Dagá, cineasta amateur tudense.
Tamén dentro da programación falaremos do filme do cineasta chileno Ignacio Agüero con ‘Nunca subí el provincia’, un fermoso traballo que fala sobre o cinema a través da correspondencia que este mantén cunha cineasta.
A nosa colaboradora Montse Pena Presas fálanos hoxe da novidade na literatura infantil, Os Minimortos. Benvido ao outro barrio, de Ledicia Costa e ilustrado por Mar Villar para Xerais
Na Sala 5 de Begoña Vázquez falamos hoxe do thriller ‘Black Beach’ protagonizada por Raúl Arévalo e Candela Peña; ‘A diosa da fortuna’ dirixida por Ferzan Ozpetek e o clásico de Alfred Hitchcock ‘Coa morte nos calcaños’
Co noso colaborador de aniversario Carlos Portela, exploramos a actualidade deste xénero con gran protagonismo hoxe para a novela gráfica.
O noso colaborador Roberto Pascual fálanos hoxe da adaptación escénica d’A Lingua das Bolboretas de Manolo Rivas por Sarabela Teatro que, ademáis, está de 40 aniversario.
Unha fermosa versión que explora na intertextualidade e na explotación da dramaturxia visual e do teatro físico, na liña da dirección de Gonçalo Guerreiro coa compañía ourensá (esta é a segunda), fai deste espectáculo un dos grandes acertos teatrais da tempada.
Emilio Españadero tráenos a actualidade máis salientable do panorama: Alvaro Iglesias, Alvariza, Airiños da Freba e A tajea
Non fales o que non debes (Xerais) achéganos a historia dun maxistrado dunha cidade galega que se suicida xusto no momento no que no seu Xulgado de Instrución se está a investigar a complexa Operación Táchira. A morte do xuíz, unida ao suicidio nos calabozos da comisaría da cidade dun concelleiro preventivamente detido pola súa suposta implicación nos delitos investigados na operación, disparará as sospeitas de que estas mortes non son casuais, fío do que tira o tenaz xornalista Aquem, alias Vagalume, para tratar de desvelar as razóns que se agochan tras as súas desaparicións.
Que pasou realmente? Que esconden estes suicidios e cales foron as relacións dos finados coas persoas que os rodeaban? Pode sobrevivir a Ética en río tan avolto?