Todas as colaboracións

Alba Cid achéganos a reedición d’A cidade Oculta de Estevo Creus

Alba Cid achéganos a reedición dun dos poemarios máis singulares de mediados dos noventa: A cidade Oculta de Estevo Creus. Orixinalmente publicárase en 1996 e agora Urutau presenta esta nova versión do poemario 24 anos despois, cun limiar breve para a ocasión de María Xesús Nogueira. 

Traemos as novidades da novena arte, a Banda Deseñada, que nos trae Carlos Portela

O noso colaborador de bnada Deseñada, Carlos Portela, visítanos excepcionalmente desprazado do seu día usual de colaboración, ‘para traernos o mellor da actualidade editorial no mundo do cómic.

Montse Pena fálanos en 10 minutos de 48 Horas de Cándido Paniagua Pousa

A nosa colaboradora Montse Pena fálanos en 10 minutos de 48 horas de Cándido Paniagua Pousa, publicada en Edicións Xerais e dirixida a público xuvenil.

Exploramos a actualidade do mundo da música co noso colaborador Tito Lesende

Suzanne Vega, Marc Bolan e Siniestro Total protagonizan esta achega musical que nos trae o especialista Tito Lesende

Matías Tarrio tráenos a terceira entrega de Viva o Verán!

O noso colaborador Matías Tarrio tráenos a terceira entrega de Viva o Verán! adicada á época estival. Desta quenda facemos un percorrido por bandas ou cancións que remiten ao verán ou algún verán en particular. 

Adiantamos os nomes e títulos de cinema que serán protagonistas nas vindeiras semanas

A nosa colaboradora Beli Martínez achéganos as últimas novidades e adiántanos aqueles nomes que protagonizarán a grande pantalla nas vindeiras semanas.

Xosel Díez e Helena Varela forman Cinema Sticado, compañía que presenta novo espectáculo: PYKA

Un colectivo de cine ao vivo? Teatro de obxectos? Audiovisuais e monicreques?
Xosel Díez e Helena Varela forman Cinema Sticado, compañía que acaba de estrear e presentar novo espectáculo no FIT de Redondela, con aforo reducidísimo.
Nesta ocasión contan con música ao vivo e inciden no seu estilo, mesturando manipulación de obxectos con imaxes e montaxe audiovisual en directo. 
O noso colaborador Roberto Pascual fálanos hoxe de PYKA, a reconstrución dunha película atopada por Helena no arquivo da súa avoa, que en Londres coñeceu a unha exiliada do comunismo, coautora do sospeitoso filme para o Goberno ruso dos anos 40, na Rusia Stalinista. A peza é tamén un cruzamento de exilios, o franquista, o ruso, pero tamén é unha viaxe polo pasado familiar, certo ou inventado, un recordo da vangarda, unha revolución poética.

Armando Requeixo homenaxea coa súa colaboración ao intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo

Esta semana Armando Requeixo rende homenaxe na súa colaboración ao intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo por mor da celebración, en días pasados, do centenario do seu nacemento. Con tal motivo, convídanos a coñecer dous títulos arredor da súa figura: Homes de palabra. Conversas con Isaac Díaz Pardo e Xosé Neira Vilas,de Paco López-Barxas, e mais Isaac Díaz Pardo. Correspondenciacon Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer.

Falamos da mostra “No, aún no” da artista Yolanda Herranz no museo MARCO de Vigo

A nosa colaboradora de Arte pública, Rosario Sarmiento, tráenos novidades artísticas coma esta e outras coma as exposicións do fotógrafo Manuel Vilariño e de Celeste Garrido, unha artista cuxo traballo está relacionado ca identidade e as cuestións de xénero.

‘Un rico pastel’ de Christian Voltz e ‘Todas as cores do amor’ de Alba Castelvi ocupan o comentario de hoxe de Montse…

No programa de hoxe, Montse Pena fálanos de dous álbumes ben interesantes e diferentes para comezar o curso: Un rico pastel de Christian Voltz (Kalandraka) e Todas as cores do amor de Alba Castelvi Miquel e Cuchu (Galaxia).

Pin It on Pinterest