Todas as colaboracións

Alfonso Espiño traenos as novidades no eido musical en Galicia

Alfonso Espiño traenos as novidades no eido musical en Galicia. Belém Tajes estrea a súa proposta como solista con música de raíz con trazas de folclore latinoamericano: A Lourinda

O dúo de A Guarda Helem & Shanna, formado por Óscar Roal na voz e guitarra no papel de Helen, e Alberto Brandón na batería no papel de Shanna ofrecerá mañá un concerto no Centro Cultural de A Guarda. 

E falamos tamén dun lanzamento que pasou desapercibido durante o confinamento, de Bikini Wipeouts, proxecto liderado en solitario por King Jartur, o álter ego do toledano Arturo Mazarro: Surf, Sun, Sand and Fun.

Chegamos ó final do noso camiño pola arte das rúas e espazos públicos galegos

Chegamos ó final do noso camiño pola arte das rúas e espazos públicos galegos

Alba Cid tráenos hoxe na páxina poética o primeiro poemario de Regina Touceda: Deriva

Alba Cid tráenos hoxe na páxina poética o primeiro poemario de Regina Touceda: Deriva (Editorial Espiral Maior, 2020), que foi merecedor do XXXII Premio Pérez Parallé.

Montse Pena achéganos as ‘Contrahistorias de Galicia’, de Antonio Reigosa

A nosa colaboradora de literatura infantil, Montse Pena Presas achéganos hoxe as Contrahistorias de Galicia, un libro para público de fronteira (adolescentes e adultos) de Antonio Reigosa, ilustrado por Rita Gutiérrez e publicado por Embora Edicións

Alfonso Espiño achéganos as novidades musicais galegas deste verán 2020

O noso colaborador Alfonso Espiño, segue a nos descubrir novas musicas feitas por mozas galegas. Hoxe ofrécenos unha pequena escolma de lanzamentos con moita alma e sensibilidade: Safe Space do dúo Inland Valley, o novo disco La Senda del Hielo de Marcos Guitián e Carta Aberta da guitarrista e cantante Antía Muíño. 

O festival Corpo(a)Terra chega a súa décima edición

A nosa colaboradora de danza e artes do movemento, Sabela Mendoza, fálanos hoxe do festival Corpo(a)Terra celebra a súa 10ª edición desde hoxe 26 de agosto ata o 30 de agosto en Allariz e en Ourense. 

A Programación Lírica da Coruña comeza o 3 de setembro

O noso colaborador Luis Miguel Crespo adiántanos hoxe a Programación Lírica da Coruña, que comeza a vindeira semana. Organizada pola asociación Amigos da Ópera da Coruña, presenta este ano un ambicioso programa no que se da especial importancia ao talento galego e español, sen descoidar as figuras internacionais. Así, haberá galas de grandes momentos das máis afamados óperas e estreas de autores galegos como Juan Durán, representarase a famosa zarzuela La Verbena de la Paloma, tamén Vendado es amor, no es ciego, de José de Nebra coa dirección do mozo coruñés Alberto Rouco, haberá momento para músicas da emigración con Borja Quiza, o “bel canto” será tamén protagonista, etc.

Entre os artistas convidados poderemos gozar da Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra e Coro Gaos, ou o grupo Los Elementos, e as grandes voces de Sondra Rodvanovsky, Carlos Álvarez, Alejandro Roy, Simón Orfilia, Borja Quiza, Mariella Devia, Jessica Pratt, ou Xavier Anduaga, entre moitos outros.

 

 

Detémonos na arte plástica de Isaac Díaz Pardo polo centenario do seu nacemento

Coa nosa colaboradora de arte, Rosario Sarmiento, facemos un pequeno paréntese no percorrido por diferentes referencias de arte nas rúas e espazos públicos, para falar do centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, cumprido este sábado 22 de agosto.

Rosalía Fernández Rial publica ‘Árbores no deserto’, da editorial Galaxia

Alba Cid fálanos hoxe do novo poemario de Rosalía Fernández Rial, Árbores no deserto (Editorial Galaxia, colección Dombate, 2020). Un trenzado de voces de once pensadoras con perspectiva de xénero. 

Galaxia publica ‘Unha estrela para Amina’, de Celia Díaz e ilustrado por Kristina Sabaire

A nosa colaboradora, Montse Pena ocúpase hoxe da novidade na literatura infantil Unha estrela para Amina, de Celia Díaz e ilustrado por Kristina Sabaire da editorial Galaxia.

Pin It on Pinterest