Todas as colaboracións

Repasamos as citas musicais con Ortiga e Sés da man do noso colaborador Tito Lesende

Tito Lesende tráenos un repaso pola actualidade musical, coas próximas citas de Sés, no Vilablues, e de Ortiga en diversas localidades galegas.

Ademais, ademais analizamos a noticia da sentenza en Estado Unidos pola cal músicos e compositores poderían verse obrigados a devolver a Spotify, Amazon e Youtube parte das royalties que levan gañadas dende 2018.

Sofía Espiñeira, Hugo Franco, Babykatze e Lado C son mostra dos novos talentos musicais galegos

O colaborador Alfonso Espiño comparte hoxe con nós unha pequena mostra de novos talentos galegos. Estes artistas noveis traballan músicas variadas e diferenciadas estilística e actitudinalmente. Falamos da murgadesa Sofía Espiñeira, o vigués Hugo Franco e a súa irmá xemelga Claudia Abril, a porteña Lucila e o uruguaio de orixe galega Ignacio Expósito.

“The Waylanders” é o novo proxecto de Gato Studio, a maior empresa de videoxogos en Galicia.

The Waylanders” será o quinto título de Gato Studio e o seu proxecto máis ambicioso ata o de agora, unha revisión máxica do Camiño de Santiago, con saltos no tempo incluídos.

The Waylanders é un RPG de espada e bruxería que bebe de moitos dos clásicos do xénero como Dragon Age: Origins. A súa ambientación está centrada en dous momentos temporais, Celta e Medieval, xogando coa dicotomía mundo máxico (pagán) e tradicional (cristián) que se verá reflectido perfectamente na ambientación cromática que identificará cada era, pero sempre con localizacións inspiradas en Galicia e o noroeste peninsular.

A Asociación de Dramaturxia Galega publica o libro ‘DramaturGA 20’

O noso colaborador Roberto Pascual fálanos do libro DramaturGA 20, da editorial Invasoras, que ven de publicar a asociación de Dramaturxia galega.Un conxunto de pezas marcadas pola pandemia, a diversidade de estilos e a necesidade de visibilizarse. Facemos un repaso pola dramatuxia galega actual, que vive momentos doces, con Esther Carrodeguas na tempada do Teatro Español de Madrid co seu texto das dúas Marías Voaxa e carmín (Premio Abrente da MIT de Ribadavia) e momentos de incertidume ante esta situación histórica. 
Roi Vidal, Francisco Oti ou Afonso Becerra son algúns dos nomes que se recollen nesta escolma libre e aberta, dunha asociación en marcha, con outras iniciativas como a edición dos textos do Torneo de Dramaturxia da Mostra de Cangas e outros que queren alentar a escrita teatral dos nosos días.

Visitamos co noso arqueólogo Mário César o Foxo do Lobo das Covateiras.

O noso colaborador arqueólogo Mário César lévanos con outro arqueólogo, David Pérez López, ao Foxo do Lobo das Covateiras, no concello ourensán de Bande.

David Pérez López é o director dos traballos de recuperación e posta en valor que se están realizando e autor do libro “Os foxos do Lobo. A caza do Lobo na Cultura Popular” (Editorial Canela, 2010). Cóntanos os seus coñecementos sobre os foxos de lobo e das actuacións que están a facer de recuperación e posta en valor destes achados.

Luis Miguel Crespo achéganos o repertorio do Festival Groba

Continuamos co repaso que estamos facendo dos principais festivais de música clásica que se están desenvolvendo neste agosto atípico, e hoxe ímonos a Ponteareas, pois estase a desenvolver alí o Festival Groba, na súa xa VIII edición. Comezou o día 15 e remata este venres 21, con concertos de música de cámara nos que se interpretará repertorio que vai desde algúns dos máis emblemáticos compositores da historia da música de diferentes épocas coma Bach, Telemann, Mozart, Schubert, ou Holst… ata o homenaxeado Rogelio Groba, compositor galego que aos seus 90 anos segue compoñendo. Os concertos correrán a cargo da Orquestra de Cámara Galega, que cumpre 25 anos, ademais de solistas da talla de Esteban Batallán, Kyoungmin Park, Anastasia Kobekina, Elisa D´Auria, etc.

 

 

Falamos das obras do escultor Silverio Rivas, “A porta do Atlántico”, en Vigo, e a “Ara Solis”, na Coruña

Seguimos falando de arte pública nas rúas e espazos públicos coa nosa colaboradora Rosario Sarmiento.

Silverio Rivas é un dos grandes nomes da escultura contemporanea en Galicia, home da gran capacidade de traballo e  profundo coñecemento das técnicas e os máis diversos materiais. As súas obras son o resultado de percorrer as etapas do intenso camiño que iniciou de neno, con apenas 10 anos,  sendo aprendiz xunto ao seu pai no taller de carpintería familiar: a Escola de Artes e Oficios de Vigo, os seus estudos en Madrid, a súa estancia en París, os anos de duro traballo na canteira de Porriño, o seu actual taller en Tui. Sempre unido á linguaxe da abstracción do que foi pioneiro en Galicia, Silverio Rivas é un gran coñecedor da materia e as súas leis.

A Porta do Atlántico” é un das obras de arte publica máis coñecidas e referenciais de Vigo. Ésta composta por tres bloques: a porta propiamente dita de  14 m. de altura e outras duas pezas, situadas ao principio da Gran Via e da Avenida de Castelao. Trátase dunha homenaxe aos emigrantes galegos que saíron de Vigo cara as Américas durante os séculos XIX e XX.

A “Ara Solis” é un “altar ao sol” que é tamén un gran umbral granítico, unha porta que simboliza o paso ao mar, a terra e o vento, case aos pés da Torre de Hércules, o milenario faro romano da Coruña.
 


Martín Veiga ven de publicar A ganancia e a perda

A nosa colaboradora especializada en poesía, Alba Cid, tráenos hoxe unha novidade de finais deste xullo de 2020, o novo poemario de Martín Veiga, A ganancia e a perda (Kalandraka, colección Tambo, 2020).

Chega o segundo capítulo do “Viva o Verán”, a colaboración musical máis estival que fai connosco Matías Tarrío

O noso colaborador musical máis estival, Matías Tarrío, achéganos o segundo capítulo de “Viva o Verán“, a sección que adica á música do verán, aquela que fala desta época en tons positivos ou, nalgúns casos, non tanto.

En Derry, Irlanda do Norte, ó verán lévalle o seu tempo chegar, polo que os Undertones non eran tolos por miralo con tanto anceio. Con eles reanudamos esta calurosa viaxe que pasa por moitos máis artistas neste capítulo, dende Siniestro Total ata James Brown.

Repasamos con Matías Tarrío a cultura musical do verán dos 90

Repasamos con Matías Tarrío as cancións que marcaron os veráns dos anos 90. Cancións que falan de praia e de sol. Tarrío estrea a súa sección: Viva o Verán!

Pin It on Pinterest