Todas as colaboracións

Repasamos as novidades musicais que traen Whitney, Amaia e os galegos Igloo.

Co noso colaborador musical Tito Lesende botamos unha ollada ás novas músicas que saen ó público, coma o novo disco de versións da banda estadounidense Whitney, os dous temas inéditos que saca a artista navarra Amaia e o concerto que darán os galegos Igloo o próximo luns 17 nas festas de Cuntis.

Alfonso Espiño fai un repaso pola oferta musical do Feito á Man 2020

Nestes tempos nefastos para a música en directo asistimos diariamente a cancelacións de festivais por todo o país. Se hai uns días anunciaban a baixa do Felipop de Limodre, onte coñecemos a nova da cancelación do Resurrection Fest XS por parte do Concello de Viveiro. 

Un festival que si se está a celebrar, aínda que nun formato moi diferente ao dos últimos anos, é o Feito a Man de Santiago de Compostela. Este festival de rúa sempre foi un magnífico escaparate de novos talentos tanto locais coma galegos e internacionais. Hoxe o noso colaborador Alfonso Espiño detállanos a oferta musical do programa do Feito a Man. 

Novo adianto do programa da nova edición de “Viñetas dende o Atlántico”

O noso colaborador de banda deseñada Carlos Portela adiántanos as actividades que se desenvolverán nesta nova edición do “Viñetas desde o Atlántico”.

As paredes do Kiosco Alfonso amosarán as obras de Alessandro Barbucci, Enrique Vegas, Pau e Xulia Vicente.

Será unha edición diferente onde os contidos se enfocarán ós públicos infantil e xuvenil e onde non haberá presenza de autores internacionais por mor da crise sanitaria.

Porén, si haberá conferencias virtuais de importantes sinaturas neste “Viñetas desde o Atlántico” que transcorrerá do 17 ó 23 de agosto.

As artes escénicas de rúa: o Festival de Artistas de Rúa de Redondela

Aínda que Galicia é terra de festas, feiras e romarías, chama a atención a febleza profesional no ámbito das artes escénicas de rúa. A diferenza doutros lugares próximos, como o prestixioso festival TAC de Valladolid, a puxanza das artes de rúa no País Vasco con destacados festivais coma o de Leioa ou Lekeitio e incluso a forza da asociación Artekale, a Fira de Tàrrega en Cataluña ou o Imaginarius e o Festival dos Canais en Portugal, Galicia non ten explorado esta oportunidade de xeito rigoroso e profesional, tanto na creación coma na Dirección artística, agás contadas excepcións.
O pasado día 7 celebrouse en Redondela o XXI festival de artistas de rúa. Como pode haber un festival que leva nada máis e nada menos que 21 edicións sen apenas repercusión? Basta con xuntar varios espectáculos para soster un festival nunha soa tarde? Que retos e que posibilidades teñen as artes de rúa en Galicia? Un país chuvioso pode ser un atranco? Será precisa formación específica?
O noso colaborador Roberto Pascual tenta respostarnos a algunha destas preguntas.

Últimos resultados da campaña arqueolóxica no Campo do Castro, na Punta Sarridal en Cedeira

Nesta semana, daremos conta co noso colaborador arqueólogo, Mario César, dos resultados da última campaña arqueolóxica en Campo do Castro (Cedeira), dirixida polo arqueólogo Emilio Ramil.

O Castro Sarridal enmárcase na segunda fase da cultura castrexa, entre os séculos V – II a.C. ata a etapa galaico romana, entorno aos séculos I-II d.C. Posteriormente o castro abandónase por completo ata as sondaxes arqueolóxicas iniciadas no 2017.

O tamaño do castro abarca toda a península do Sarridal e na súa unión coa terra presenta un sistema defensivo con dous profundos fosos e dúas murallas. Ademais, atópase rodeado de cantís. O seu elemento arquitectónico mais destacado é o “Monumento con Forno”, unha estrutura dedicada aos baños de vapor que conta cunha complexa arquitectura.

Na última intervención, rematada a pasada semana, escavaron o camiño de acceso ao castro, o cal conta cun lousado que leva á antecámara da sauna. Escavaron tamén a liña defensiva interior do primeiro recinto fortificado co bastión de acceso e atopando todo un novo bastión sobre o foxo. Un bastión de forma oval que controla o acceso e se acaroa ao paramento exterior, e que constitúe un singular complexo defensivo.

Comeza a VII Edición do Festival Bal y Gay

O noso colaborador Luis Miguel Crespo, achéganos hoxe un dos festivais de música máis consolidados na nosa terra: o Festival Bal y Gay, que se leva a cabo entre os días 12 e 24 deste mes, cun total de 7 concertos, 5 funcións de programas en familia, unha conferencia, e a proxección dun documental dedicado a Beethoven. Aínda que o festival ten o seu epicentro en Foz, este ano desenvolverase nun total de 7 concellos da mariña central.

Por diferentes escenarios que conforman espazos naturais e elementos do noso patrimonio como a Catedral de Mondoñedo ou o Pazo do Conde de Fontao, pasarán artistas e formacións do máis alto nivel como a Real Filharmonía de Galicia, o Cuarteto Quiroga, Sponte Sua, Cuarteto Cosmos, Cuarteto Quiroga, Juan Pérez Floristán, Hot Chocolates, ou o Ensemble Bal y Gay.

Hoxe imos achegarnos a un dos festivais de música máis consolidados na nosa terra: o Festival Bal y Gay, que se leva a cabo entre os días 12 e 24 deste mes, cun total de 7 concertos, 5 funcións de programas en familia, unha conferencia, e a proxección dun documental dedicado a Beethoven. Aínda que o festival ten o seu epicentro en Foz, este ano desenvolverase nun total de 7 concellos da mariña central.

Por diferentes escenarios que conforman espazos naturais e elementos do noso patrimonio como a Catedral de Mondoñedo ou o Pazo do Conde de Fontao, pasarán artistas e formacións do máis alto nivel como a Real Filharmonía de Galicia, o Cuarteto Quiroga, Sponte Sua, Cuarteto Cosmos, Cuarteto Quiroga, Juan Pérez Floristán, Hot Chocolates, ou o Ensemble Bal y Gay.

“Familia de Menhires” ou “Menhires pola paz”: a instalación deseñada por Manolo Paz en 1994 baixo a Torre de Hércules

A nosa colaboradora de arte pública na rúa, Rosario Sarmiento, vén falarnos dunha das intervencións máis singulares de Manolo Paz: “Familia de Menhires” ou “Menhires pola paz“. Un conxunto de 12 menhires cravados sobre a liña marítima do horizonte, que de forma elíptica acoutan o espazo convertidos xa nun símbolo da cidade.

Con esta obra Manolo Paz non só consegue unha perfecta simbiose entre obra e espazo físico e temporal, senon a tradución do seu propio vocabulario creativo a unha obra que se compromete coa contorna, transformándoo e enriquecéndoo. 

Manolo Paz é sen dúbida, un dos nomes de referencia na escultura contemporánea en Galicia destas últimas décadas. Formado a finais da década dos setenta na Escola de Artes e Oficios Santiago de Compostela, o comezou a darse a coñecer ao cultivar excelentes críticas durante a súa participación na V Bienal Nacional de Pontevedra cos seus característicos traballos en pedra. Xunto a Leiro, Menchu Lamas, Patiño e Lamazares converteuse nun dos valores plásticos máis destacados do panorama artístico galego de comezos dos anos 80

As referencias das súas escultura ancóranse na cultura celta relacionada co mundo megalítico e  castrexo. É un creador que desenvolveu ao longo da súa carreira un estilo propio, cuxa referencia máis clara é o seu traballo coa pedra , aínda que tamén traballou outros materiais como o metal ou a madeira, combinando esta última coa pedra . 

Caldeirón publica unha edición corrixida e aumentada d’A relixión do mar de Xosé Iglesias

A nosa colaboradora Alba Cid tráenos hoxe unha edición correxida e aumentada d’A relixión do mar de Xosé Iglesias (Caldeiron, 2020). 

Tito Lesende achéganos a oferta musical do Festival Noroeste da Coruña, o Náutico do Grove e o Atlantic Fest

O noso colaborador Tito Lesende tráenos máis novedades musicais ó Diario Cultural. Esta semana analiza para nós o que se verá nos escenarios do Festival Noroeste da Coruña, o Náutico do Grove e o Atlantic Fest, eventos fundamentais na escea musical estival galega.

Ukestra do Medio publica o seu primeiro traballo longo: ‘Outras Lérias’

O noso colaborador Alfonso Espiño achéganos as últimas novidades musicais, destacando o primeiro traballo longo da Ukestra do Medio, Outras Lérias, gravado no Laboratório Soyuz con Xurxo Pinheiro e Hevi. 

Tamén nos fala do segundo sinxelo de adianto do novo traballo de Alexandro González, Todos los santos, e o último disco do grupo radicado en Chantada, Gancho Sánches: Zaquín. 

Pin It on Pinterest