Todas as colaboracións

Des-hetero-patriarcalizar o relato cultural, histórico e político: Nós xs inadaptadxs

O noso colaborador Roberto Pascual fálanos hoxe de Escena Queer a propósito da publicación do libro Nós xs inadaptadxs, centrándose nos estudos de Gena Baamonde e Alfonso Becerra, e especialmente nas pezas ou artistas ás que fan referencia: Pálido Domingo, Teatro Bruto… 

Mario César tráenos Santiago tras Santiago

O noso colaborador Mario César tráenos a segunda parte da historia de Santiago a partir das evidencias arqueolóxicas, tras o descubrimento do sepulcro do Apóstolo.

Cóntanos o que sucede en Compostela tras o descubrimento do sepulcro do apóstolo e os restos que podemos ver hoxe dese Locus Sancti Iacobi

O ciclo ‘Música no ar’ mestura música clásica e patrimonio

O noso colaborador Luis Miguel Crespo fálanos hoxe dun ciclo moi interesante que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra e que leva por nome “Música no ar”. Un ciclo de música clásica que se desenvolve en en lugares únicos: mosteiros, pazos, castelos e conxuntos patrimoniais. A través de pequenos grupos instrumentais e con voz nalgúns casos, a música de cámara sae dos auditorios para acercarse a tódolos públicos, converténdose nunha experiencia desafiante para tódolos sentidos.C

Coñecemos máis a fondo o concerto que se desenvolve este xoves no Pazo de Liñares en Lalín, onde o pianista Alejo Amoedo e a mezzosoprano Iria Cuevas ofrecerán música de salón de compositores galegos. Dividen o concerto en dúas partes: a primeira dedicada a Marcial del Adalid, quizais o iniciador da chamada “Melodía galega”, dea música de salón; e a segunda a outros compositores galegos que continuaron o xénero, musicando a poetas do Rexurdimento. Remata o concerto con obra de Andrés Gaos, do que se conmemorou o ano pasado o 50 aniversario do seu pasamento.

Arte na rúa: O Mural da Canteira

A nosa colaboradora de arte, Rosario Sarmiento fálanos hoxe de arte pública nas rúas.

Dado que estamos nun verán bastante diferente, agora máis que nunca esa “arte na rúa” non ten problema para ser visualizada polo público en calquera momento.

Comezamos cunha das referencias da arte pública máis interesantes que hai en Galicia: O Mural da Canteira, de Leopoldo Nóvoa na Coruña. Realizado no Parque de Santa Margarida, en 1989 foi plantexada por Nóvoa como unha prolongación temática e conceptual do Mural do estadio do Cerro realizado tamén por el entre 1960-64 en Montevideo. En ambos proxectos Nóvoa traballará nunha linguaxe plenamente informal e nunha integración das artes plásticas e a arquitectura.

Leopoldo Nóvoa (Salcedo, Pontevedra 1919 – París, 2012) é un dos grandes referentes da arte abstracta tanto dentro como fóra de Galicia na segunda metade do século XX.  Foi un artista moi riguroso e un home reflexivo e profundo, que viviu unha longa e prolífica existencia en países e circunstancias moi dispares. Iso fixo del un personaxe cosmopolita e de vasta cultura. En decembro do pasado ano, cumpriuse o 100 aniversario do seu nacemento.

 

Carlos Lema publica o Álbum da Cuarta Dimensión

Alba Cid tráenos Álbum da cuarta dimensión de Carlos Lema (Chán da Pólvora, 2020).
Le para nós uns versos de inicio e explica cal é o posicionamento, a exploración desta cuarta dimensión: a da inscrición na materia, volverse cousa e ao nivel das outras cousas do mundo, que pode ligarse facilmente co último ensaio do autor e editor, A monstruosidade moderna.
 O Álbum vertébrase en tres seccións: a inicial, “Homenaxe”; a central e maior, que dá título ao volume, e a última, “O inaudito”. Alba Cid revisa temáticas e liñas de forza de cada unha das partes dun poemario intelectual, esixente, mais, á vez, atento.

Xoel López actúa no Festival 17º Ribeira Sacra

Falamos dos próximos concertos con Tito Lesende no Diario Cultural.

Comeza unha nova edición do festival 17º Ribeira Sacra, no que actuará Xoel López

Falamos da homenaxe de Xoel López a La Fusa de Vinícius de Moraes

Emma Ríos gaña o Premio Eisner 2020

Na colaboración de Carlos Portela sobre banda deseñada falamos dun nome propio galego nos premios Eisner: Emma Ríos.

Alvariza presenta o disco ‘Denominación de orixe’

Na colaboración de Emilio Españadero sobre música tradicional falamos de tres novidades:

Alvariza presenta novo traballo discográfico: “Denominación de orixe”. Pele Pau publica o segundo disco: “Na beira”. A Banda de Gaitas Xaraval presenta “Camiño da Ribeira”.

Tamén lembramos a traxectoria do gaiteiro Pepe Temprano.

O pintor Santiago Ydañez expón no Pazo Torrado de Cambados

Na colaboración de Rosario Sarmiento no Diario Cultural falamos da exposición do pinor Santiago Ydañez no Pazo Torado de Cambados.
Está considerado un dos pintores españois con maior proxección internacional. Obtivo numerosos premios e recoñecementos.

No seu traballo predominan as obras de gran formato, con temática de natureza, paisaxe, animais, o ser humano e a morte. Temas cotiáns que el recrea cunha linguaxe única, con acento expresionista.

Na súa pintura hai unha referencia constante ao valor dos rostros e a súa expresión. Para él, o rostro resume moi ben como é o ser humano e a súa complexidade.

Agoraphobia actúa en Santiago nas festas do Apóstolo

Como está sendo á volta ós espectáculos en directo? Facemos un repaso a axenda de concertos que, pouco a pouco, vai completando unhas páxinas que hai uns meses estaban en branco.

“Os rebrotes xorden en festas privadas, pero non en eventos culturais porque as medidas de seguridade están garantidas”, asegura o noso experto Tito Lesende.

Pin It on Pinterest