Aparece unha singular estatua romana en Lugo
O noso experto en arqueoloxía, Mario César Vila, fálanos do achado dunha estatua romana singular en Lugo.
O noso experto en arqueoloxía, Mario César Vila, fálanos do achado dunha estatua romana singular en Lugo.
Comezamos felicitando a Eva Tejedor & Les Pandereteres polo Premio AMAS ao mellor disco folk da música asturiana para o seu traballo “Léntamu”.
A continuación ofrecemos diversas novidades musicais galegas: Entre Trastes, Sés, Cristian Silva e, por último, Xosé Lois Romero & Aliboria (que presentarán o seu novo disco en Lume Na Palleira o vindeiro domingo).
O filósofo da ciencia, Mario Bunge, que faleceu o 24 de febreiro, ós cen anos de idade, centrou a sección de Cultura Científica de Manuel Vicente.
No Tempo da colaboración recibimos ó investigador e músico compostelán, Alfonso Espiño, que chega cargado de músicas e historias ó redor da súa creación.
Beli Martínez fálanos da muller no audiovisual galego e fainos reflexionar se é un mundo realmente tan aberto.
No eido do pop e o rock, hai dous grandes focos de interese masivo esta fin de semana en Galicia: os dous concertos multitudinarios de Vetusta Morla no Coliseum da Coruña e a Festa do Queixo de Arzúa, onde estarán Baiuca, Novedades Carminha ou MJ Pérez.
E, ademais dos finalistas dos Premios Martín Códax da Música en Galicia, onte divulgáronse tamén os candidatos aos Premios MIN da Música Independente no ámbito estatal. Entre eles están Xoel López (que anda estreando xa nova música) e o fenómeno asturiano Rodrigo Cuevas.
A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, recomenda esta semana:
Na sección de banda deseñada con Carlos Portela falamos de Spiderman. Publícase o cómic Spiderman: Toda unha vida, de Marvel. A editorial celebra o seu 80 aniversario.
Nesta obra, os debuxantes narran toda a vida de Spiderman, non só uns capítulos onde o heroe adoitaba vivir na eterna xuventude. Esta publicación fai unha viaxe e, por primeira vez, o personaxe chega a envellecer.
Neste Diario Cultural con Emilio Españadero, o entroido e as súas músicas serán os protagonistas desta colaboración.