Falamos do fotógrafo Manuel Vilariño e a súa mostra “Rizoma” e “The Tempest”
Falamos do fotografo Manuel Vilariño e das súas dos mostras Rizoma, na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela e The Tempest na galeria Vilaseco de A Coruña.
Falamos do fotografo Manuel Vilariño e das súas dos mostras Rizoma, na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela e The Tempest na galeria Vilaseco de A Coruña.
Na páxina de Cultura Científica, Manuel Vicente falounos de Betelgeuse, unha misteriosa estrela minguante.
Conversamos co realizador Luis Avilés, director da gala de entrega dos Mestre Mateo.
Coñecemos as representantes galegas na 70ª edición da Berlinale.
Nesta ocasión, con Tito Lesende falamos de tres grupos galegos ben diversos que amosan estes días o seu talento nos nosos escenarios: Dakidarría, Willie & Winnie e Novedades Carminha. Pero tamén anticipamos o lanzamento do esperadísimo disco de El Columpio Asesino, referente do pop alternativo que estará en xullo no festival Portamérica.
A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, destaca hoxe entre as estreas desta semana:
O noso experto en arqueoloxía, Mario César Vila, achéganos o XIV Encontro Arqueolóxico do Barbanza. Conversamos con Victor Barbeito Pose, técnico do Centro Arqueolóxico do Barbanza.
Como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo escoitamos con Emilio Españadero unha peza composta polo mestre Ernesto Campos e un dos temas do disco “Rebento”, que nos presentará o grupo portugués Companhia Do Canto Popular.
Seguindo con novidades ofrecemos tamén as propostas de María Do Ceo, Oïma e Sangre de Muérdago.
Esta semana Armando Requeixo vén con dúas traducións baixo o brazo: Fóra do mapa, de Alastair Bonnett, e mais A xente de Hemsö, de August Strindberg.
Fóra do mapa (Rinoceronte), traducido por Moisés Barcia, é unha guía de espazos perdidos, cidades invisibles, illas esquecidas e lugares salvaxes que nos ensinan sobre o mundo. Neste tempo onde cremos que nada no planeta nos pode sorprender, este libro ofrece unha viaxe por xeografías que aínda permanecen agochadas e gardan, intacto, o seu fascinante misterio.
A xente de Hemsö (Hugin e Munin), trasladado dende o sueco ao galego por Marta Dahlgren, é un clásico da novelística nórdica. Publicado en 1887, nel Strindberg recupera as súas vivencias da infancia para homenaxear a forma de vida dos insulares rurais do arquipélago de Estocolmo. Adaptada ao cinema, o teatro e a televisión, esta narración constitúe un canto á vida sinxela e pragmática da paisanaxe tradicional do Norte, chea de sabedoría popular e conmovedora fe na loita polos pequenos logros cotiáns, nos que reside toda felicidade.