Todas as colaboracións

A última colleita musical de 2019

Alfonso Espiño pica os últimos traballos de Miguel Alberte e Momboi e recupera a música do grupo Los Miskatones.

Beli Martínez fálanos do proxecto “Cinegalicia 2019”

Beli Martínez fálanos do proxecto Cinegalicia 2019.

‘Os camiños do vento’ de Xavier Estévez e Xosé Cobas e ‘Pequeno botón’ de Paula Merlán e Lucía Cobo

A importancia de ser solidari@s no comentario de literatura infanto xuvenil de Montese Pena que fala de ‘Os camiños do vento’ de Xavier Estévez e Xosé Cobas e ‘Pequeno botón’ de Paula Merlán e Lucía Cobo.

Tito Lesende achéganos as novidades do panorama pop e rock galego, estatal e internacional

Tito Lesende achéganos as novidades do panorama pop e rock galego, estatal e internacional

Chega o desenlace final de Star Wars aos cines

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, destaca especialmente a chegada aos cines do episodio IX de Star Wars, ‘O ascenso de Skywalker’, que será a derradeira da saga creada en 1977 por George Lucas.

Tamén destaca a comedia francesa “Dios mío, ¿pero qué te hemos hecho?” e a rusa nominada aos Óscar ‘Unha gran muller’, ambientada no Leningrado de 1945.

Balance escénico do ano 2019: Capítulo III

 

Se fosen turistas, levarían gafas de sol é o segundo proxecto da triloxía do espazo e o tempo da compañía Limiar Teatro, en coprodución neste caso con institucións de Galicia, Portugal, A Arxentina e O Uruguai.
Unha terceira xeración de galegos que se queren encontrar coa memoria migrante, co exilio e os vínculos familiares alén do Miño, no país irmán e alén do Atlántico, na que foi a quinta provincia galega durante o franquismo (aínda que a ditadura non estea demasiado latente nesta festa e viño).
Todas as persoas teñen razóns profundas para deixar o seu país natal e convén non esquecer, malia sermos agora país de acollida, principalmente. O espectáculo concíbese como un encontro, coma unha festa (quizais Valadares, en Vigo), onde a música, as fotografías e a comida trazan unha paisaxe de afectos, fábulas e relatos persoais. Mestúranse o relato e a fábula, nun espazo escénico que funciona como rito e como xogo, onde agora se poden planificar viaxes con gafas de sol, dende a comodidade do presente, a que nos concede este suposto estado do benestar.
Estreouse en Galicia na sede do CDG, ese teatro público ao que lle depara un futuro incerto despois do último capítulo levado a cabo pola Axencia Galega das Industrias Culturais, que pretende co borrador do seu novo estatuto deixar ao seu futuro director sen autonomía e representatividade, deseñando un control ou inxerencia pola cal o Director/a proporá a programación e non decidirá independentemente os seus contidos. Novas etapas de control, que está por ver se a sociedade democrática está disposta a permitir para seguir garantindo escenarios de liberdade de creación e expresión.

 

‘Corte e confección’, de Celia Díaz Núñez, e ‘Shanghai a Barcelona’, de Amador Castro Moure.

Hoxe Armando Requeixo proponnos a lectura do libro de relatos Corte e confección, de Celia Díaz Núñez, e da novela Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure.

Corte e confección (Galaxia) é un conxunto de trinta e dúas historias de temáticas ben diversas, nas que son elementos comúns a técnica compositiva breve, os finais sorpresivos e a alta economía expresiva. Con estas premisas sucédense os diferentes minirrelatos, onde figuran narracións nas que tanto pode predominar o amor como a vinganza, igual a crítica social que a escrita metanarrativa, o mesmo a violencia de xénero que a memoria histórica, a vesania homicida e o lendario popular ou a obsesión paranoica e a denuncia manipuladora dos mass media, entre moitos outros temas.

Shanghai a Barcelona (Xerais) é unha novela sobre o destino e o fracaso, os amores perdidos e a memoria dunha mocidade feliz definitivamente ida. Narrada entre dous tempos (o retorno do protagonista emigrante dende a Barcelona de instalación á Galicia de orixe no 2003 e a asistencia por parte deste ao enterro dun amigo novamente na cidade condal no 2016) e dous espazos (a Barcelona urbanita e o Trasmundi rural chantadino), esta historia trenza diversas voces e sucesos para crear con eles unha estrutura pendular, que alterna a evocación das amizades e amores do pasado coa violencia e desenraizamento que gobernan a vida do protagonista no presente.

Rosario Sarmiento achéganos á mostra “CABRITA. WORK (always) IN PROGRESS”

A mostra CABRITA. WORK (always) IN PROGRESS, achega ao público os principais aspectos do traballo do artista portugués Pedro Cabrita Reis: formado na Facultade de Belas Artes de Lisboa, forma parte do grupo de artistas que, durante os anos 80 do século pasado, protagonizou a revalorización das artes plásticas en Portugal. 

 

‘Fosforescencias’ de Lupe Gómez na ollada de Alba Cid no comentario de poesía

‘Fosforescencias’ de Lupe Gómez na ollada de Alba Cid no comentario de poesía. O volume publicado por Alvarellos é un libro de cartas e de afectos.

Á descuberta do iodo

Manuel Vicente fálanos dun dos elementos da táboa periódica, o iodo, e dos seus usos medicinais.
Rescata ademais a figura de Gabriela Morreale, científica pioneira en España na investigación das 
enfermidades causadas pola deficiencia de iodo, como o bocio, que foi endémico en Galicia. 

Pin It on Pinterest