Todas as colaboracións
‘Irmá paxaro’, de Tamara Andrés e María Montes, e ‘Ola, son un bicho bóla!’, de Elvira Ribeiro e Noe González
O lendario grupo inglés The Zombies visita A Coruña o venres 13 de decembro
O lendario grupo inglés The Zombies visita A Coruña o venres 13 de decembro e a ocasión merece un monográfico.
The Zombies non tiveron a sorte de moitos dos seus coetáneos, malia o seu enorme talento: son autores dun disco referencial e de varias cancións que seguramente moitas persoas recoñecerán sen saber a qué grupo pertencen. Para colmo, disolvéronse xusto antes de que un dos seus temas, “Time of the season”, conseguira unha gran popularidade internacional. Ao longo deste século, os seus dous compoñentes fundamentais (o teclista Rod Argent e o vocalista Colin Blunstone) reformaron o proxecto e veñen tocar ao Playa Club aos seus 74 anos e nun bo estado de forma.
O arqueólogo Mario César Vila lévanos de peregrinaxe a Santo Andrés de Teixido
O arqueólogo Mario César Vila lévanos de peregrinaxe a Santo Andrés de Teixido. Un camiño trazado de vello do que agora se estuda o seu valor histórico e cultural.
Balance escénico do ano 2019: Capítulo II
‘Mulleres e poder’, de Mary Beard, e mais ‘As mulheres que amavam os videojogos’, de Antía Seoane e Maite Sanmartín
Esta semana Armando Requeixo tráenos como recomendacións de lectura dous ensaios: Mulleres e poder, de Mary Beard, e mais As mulheres que amavam os videojogos, de Antía Seoane e Maite Sanmartín.
Mulleres e poder (Hércules), en tradución de María Alonso Seisdedos, é un volume concibido como un manifesto feminista no que a pensadora e especialista no mundo clásico Mary Beard reflexiona sobre o xeito no que dende os albores da Historia as mulleres foron apartadas do poder e a súa voz pública negada. Con exemplos tirados da literatura grecolatina e dos mitos da Antigüidade evidencia os fundamentos culturais da misoxinia que se estende ata os nosos días e que alcanza todos os ámbitos e vías, dende a alta política ata a esfera artística pasando polo mundo das Redes.
As mulheres que amavam os videojogos (Através) é un ensaio que pon en evidencia as desigualdades de xénero existentes na cultura dos videoxogos como novas fórmulas de expresión da narratividade e a creación actuais. Malia a importante presenza das mulleres como xogadoras e o destacado papel de non poucas delas, seguen a ser excluídas da consideración de hard-core gamers e toda a industria geek continúa a xerar imaxes excluíntes da muller, cando non sexistas ou violentas. Este libro quere axudar a reverter ese estado de cousas para avogar por unha cultura dos videoxogos que axude á deconstrución patriarcal e aposte pola igualdade de xénero.
Ata o 8 de marzo de 2020, o Museo de Belas Artes da Coruña acolle a mostra: “O legado de Maruxa Seoane”
Ata o 8 de marzo de 2020, o Museo de Belas Artes da Coruña acolle a mostra: “O legado de Maruxa Seoane”.
O Mesías de Häendel no centro da colaboración de Luis Miguel Crespo
O Mesías de Häendel no centro da colaboración de Luis Miguel Crespo. Unha achega aos Concertos participativos que se celebran esta semana en Compostela e unha guía para escoitar unha das composicións imprescindibles da historia da música.
A música, linguaxe universal?
Soan parecidos os cantos de berce ou as cancións de amor en diferentes culturas? Manuel Vicente repasa as últimas investigacións que se preguntan se a música é unha linguaxe universal.
Psicodelia en Galicia
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- …
- 175
- Seguinte ›