Todas as colaboracións

Tito Lesende fálanos de diferentes propostas musicais, algunhas galegas, con concertos en Galicia nos próximos días

Esta semana ocupámonos de Pablo Lesuit e Ambigüo, dúas propostas galegas que se presentan en concerto nos próximos días. E tamén da cantautora francesa Laure Briard, que axiña visita Compostela e Vigo. 

Para despedir, damos conta do sorprendente cambio de Nathy Peluso, que deixa a música urbana e abraza o swing clásico para celebrar o Nadal. 

Chega aos cines “Longa noite” de Eloy Enciso

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez recomenda hoxe Longa noite, a película do cineasta de Meira Eloy Enciso que aborda a posguerra civil dende un punto de vista inédito.

Falamos da exposición “Santomé. Conxunto arqueolóxico – natural”, organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Mario César Vila fálanos da exposición “Santomé. Conxunto arqueolóxico – natural”, organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Conversamos co seu director, Xulio Rodríguez González.

Balance escénico do ano 2019: Capítulo I

 

No derradeiro mes do ano, adicamos a colaboración semanal a facer un repaso do máis significativo e das repercusións que pode ter o balance da actividade escénica galega no novo ano.
Comezaremos por fitos importantes: a estrea a versión escénica de Fariña e a situación crítica do CDG.
Producida por Ainé, a empresa de Xosé A. Touriñán e con dirección de Tito Asorey, Fariña prometía ser un dos espectáculos do ano na temporada galega. Con xogo escénico, o espectáculo quere ser un equilibrio entre o humor popular e a sofisticación visual da escena contemporánea, con batería en directo, vídeoproxeccións e un coidado márketing ao seu redor que poida favorecer que se enchan os teatros. Unha explotación de fórmula exitosa, con bos actores (destaca a actriz Cris Iglesias pola variedade dos seus rexistros, claridade na dicción e precisión dos movementos), o tema do narcotráfico e a retranca galega.
Por outra banda, de novo o desacerto da Administración volve axitar as críticas do sector (e do público tamén, como usuarios dun servizo público que esmorece pola mala xestión). O recorte de orzamentos presentado no Parlamento para a compañía pública e o tempo tan dilatado no nomeamento dunha nova dirección despois da renuncia da anterior directora, Fefa Noia, déixanos un novo capítulo escuro para as artes escénicas galegas, cos silencios irresponsables de quen debe marcar o seu rumbo, a AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais).

 

Facemos, con Carlos Portela, un repaso das obras de banda deseñada imprescindibles deste 2019

Facemos, con Carlos Portela, un repaso das obras de banda deseñada imprescindibles deste 2019: a edición limitada en branco e negro de “V de Vendetta”, de Alan Moore , “Sandman: El Corazón de una estrella”, na que participou Miguelanxo Prado ,”O puño e a letra” de Yolanda Castaño, e moito máis. 

A novela curta ‘B.S.O’ de Pablo Nogueira e o epistolario ‘Fosforescencias’ de Lupe Gómez con Armando Requeixo

Na súa colaboración de hoxe Armando Requeixo convídanos á lectura da novela curta B.S.O., de Pablo Nogueira, e mais do libro de prosas epistolares Fosforescencias, de Lupe Gómez.

B.S.O. (Fervenza) é unha de novela de novelas, que participa por igual do western, o film noir e a narración cinematográfica e musical. Texto híbrido e mestizo, inzado de homenaxes e citas, trénzase cunha singular estrutura concatenada de capítulos breves, orlado lírico e escrita decote eficiente.

Fosforescencias (Alvarellos) é o relato epistolar dun cambio de rumbo que implicou o abandono dun traballo e unha mudanza de vivenda, mais é, sobre todo, a crónica en misivas da refundación do roteiro vital da propia autora e a recapitulación lírico-filosófica do seu xeito de comprender o mundo e os seres.

Rosarío Sarmiento fálanos de “I am Light”, a mostra do fotógrafo Jesús Madriñán recentemente inaugurada no CGAC de Santiago de Compostela

O proxecto, froito da colaboración entre Xacobeo e CGAC, formúlase como unha renovación e actualización da mirada sobre a realidade do Camiño de Santiago e os seus peregrinos. A intención de Jesús Madriñán é a explorar quen son e como son os pergrinos que percorren actualmente esta ruta. 

A estrea da ópera galega ‘O loro de Carlos V’ no centro da colaboración de Luis Miguel Crespo

O Teatro Colón e a compañía Favola in Musica producen esta ópera que se estrea o 5 de decembro con música e  libreto de Nani García que tamén nos acompaña na conversa.

Innovación para a divulgación científica

Innovación para a divulgación científica

Premios María Luz Morales

Pepe Coira, vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual, preséntanos a cuarta edición dos premios María Luz Morales, que recoñecen ensaios e videoensaios sobre o audiovisual. Os galardóns levan o nome da primeira directora dun xornal en España, a coruñesa María Luz Morales, pioneira tamén na crítica cinematográfica. 

Pin It on Pinterest