Todas as colaboracións

Ata o 5 de xaneiro de 2020, o Museo Marco de Vigo acolle a mostra “O salón dos espellos” de Eduardo Gruber

Rosario Sarmiento fálanos da mostra “O salón dos espellos”, do pintor Eduardo Gruber (Santander, 1949). Ata o 5 de xaneiro de 2020 pódese visitar no Museo “Marco” de Arte Contemporánea de Vigo. 

As poetas Erin Moure e Chus Pato na residencia de Tradución do Queen´s College de Oxford

As poetas Erin Moure e Chus Pato na residencia de Tradución do Queen´s College da Universidade de Oxford e os traballos de Moure como tradutora na colaboración de poesía con Alba Cid.

Matías Tarrío analiza a Idols: ‘The mask of masculinity / This is why you never see your father cry’

  • “The mask of masculinity / This is why you never see your father cry”
Viva Idles! é a nova colaboración de Matías Tarrio sobre a banda de Bristol da que reivindica o seu directo, as súas boas cancións e o seu poetente discurso.

Innovación galega no mundo

Manuel Vicente fálanos do uso da realidade aumentada e a realidade virtual na exposición ‘Galicia, un relato no mundo’, aberta no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura e comisariadapor Manuel Gago. Ademais do percorrido histórico sobre a relación de Galicia co mundo, a mostra inclúe exemplos contemporáneos de innovación e presenza mundial da economía galega: do téxtil áautomoción, pasando pola pesca.

Poñemos rumbo a Arxentina para coñecer as representantes galegas no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata

Beli Martínez achéganos os filmes galegos presentes no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata. Entre elas atópanse “O que arde”, de Oliver Laxe e “Longa Noite”, de Eloy Enciso, entre outras. 

“O país do gran furado” de Xerardo Quintiá e “Os secuestradores de burros” de Gerald Durrell

“O país do gran furado” de Xerardo Quintiá con ilustracións de Noemí López e publicado por Baía no centro do comentario semanal de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas que tamén nos ofrece a súa ollada sobre “Os secuestradores de burros” de Gerald Durrell traducido por Moisés Barcia para Sushi Books.

Tito Lesende achéganos ás citais musicais dos próximos días que non podemos perder

Os cántabros “Los Estanques”, os vigueses “Presumido” ou Guadi Galego, co seu novo traballo “Inmersión”, son algunhas das citas que dominan o panorama musical de Galicia nos vindeiros días.

‘O Irlandés’ e ‘Madre’, as principais estreas desta semana

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, chega este xoves con dúas propostas destacadas na carteleira:

  • O Irlandés, a última produción de Martin Scorsese que será preestreada este venres nas 7 principais cidades galegas e en Viveiro.
  • Madre, o novo filme de Rodrigo Sorogoyen, con Marta Nieto como protagonista.

Carlos Portela achéganos as últimas novidades en banda deseñada

Coñece, da man de Carlos Portela, o último na banda deseñada: “A Lotería”, de Shirley Jackson e “Asérix, a filla de Vercingetorix”. Esta última, cunha protagonista inspirada na figura da activista medioambiental Greta Thunberg. 

Teatro da Ramboia estrea unha admirable versión da peza de Manuel María ‘Farsa de Bululú’

 

“O meu reino non é deste mundo” é o lema ao título co que Manuel María gañou o 1º Premio Abrente aló polo ano 1973, coa ameaza do franquismo aínda viva e a defensa dun teatro en expresión galega, popular e crítico, asentado nas tradicións culturais galegas e divertido.
En 2019, a compañía en que participan Anxo García e Fran Lareu como actores e María Peinado como directora, presenta unha posta en escena grazas ao impulso encomiable da Fundación Manuel María, co seu certame de Proxectos Teatrais, e do que resultou gañador este que agora viu a luz a pasada semana no Auditorio de Ourense. Unha posta en escena á luz doutras ameazas: o auxe dos totalitarismos, a perda de valor da cultura de base e da diversidade lingüística e cultural. Elementos que, ademais, teñen un acertado motor creativo nesta escenificación.
Teatro da Ramboia presenta un espectáculo impecable na expresión visual, acertado na lectura ampla (con monicreques que teñen a cara fotografada de Mussolini, Hitler e Franco, coa raíña Facunda convertida aquí en Margaret Thatcher. Atinado espazo sonoro, de gala, entre Massiel e Raphael, mentres a tiranía e abuso do poder ocupan o teatriño dos bululús que representan os dous actores e titiriteiros Fran Lareu e Anxo García.

 

Pin It on Pinterest