Todas as colaboracións

Como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, Emilio Españadero achéganos o novo traballo de Tino Baz e da estrea discográfica do dúo Dapena & Martín

Como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo ofrecemos hoxe os son do novo traballo de Tino Baz e da estrea discográfica do dúo Dapena & Martín.

Falamos ademais dun programa moi especial que Radio Galega Música emitirá (tamén o vindeiro domingo) no que se recolle unha parte das moitas e intensas experiencias vividas en terras cubanas co “Son Galego, Son Cubano Grand Tour 2019” de Roi Casal.

‘O párroco de Vejlby’, de Steen Steensen Blicher, e ‘Os secuestradores de burros’, de Gerald Durrell

Esta semana Armando Requeixo convídanos a coñecer dúas novelas curtas traducidas á nosa lingua: O párroco de Vejlby, de Steen Steensen Blicher, e mais Os secuestradores de burros, de Gerald Durrell.

O párroco de Vejlby (Hugin e Munin), traducido directamente dende o danés por Alejandro Tobar, é un relato pioneiro do que hoxe coñecemos como novela negra ou policial. Publicado en 1829, sérvese do famoso caso criminal protagonizado en 1625 polo sacerdote Søren Qvist quen, nun arrauto de ira, matou un fregués e quixo logo ocultalo, mais o irmán do falecido conseguiu que fose xulgado e, finalmente, declarado culpable e castigado coa decapitación. Contada a partir do diario do xuíz que levou o caso, Erik Sørensen, e mais o crego que o sucedeu na parroquia de Ålsø, a obra propón unha fonda reflexión sobre temas tan relevantes como a pena de morte, a relixión e mesmo o espírito e aplicación das leis.

Os secuestradores de burros (Sushi Books) é un moi ameno relato de aventuras protagonizado por un grupo de rapaces que viven nunha illa grega, tal como o propio Durrell fixo durante da súa puberdade. Amanda e David, líderes deste fato de mozos, deciden secuestrar o maior ben material desta pequena e pobre illa, os burros, único medio de transporte e principal forza de traballo agrario. O motivo é axudar a un destes rapaces, Yani, quen, ao ficar orfo, ve como o ambicioso e insufrible alcalde local lle demanda unha débeda contraída por seu pai que é imposible de pagar, agás que se negocie cun troco tan valioso como o dos prezados équidos, dos que o propio rexedor é o principal propietario. A través deste entretido e colorista relato imos descubrindo a vida da illa e dos seus habitantes, ao tempo que a propia acción nos invita a reflexionar sobre cuestións como a amizade, a solidariedade, a afouteza, a cobiza, a desigualdade social, a superación persoal ou a defensa dos valores ecolóxicos.

A exposición fotográfica “A paisaxe e a súa pegada” volta a Compostela coa súa segunda parte

Rosario Sarmiento achéganos á exposición fotográfica “A paisaxe e a súa pegada”, que estará na Casa do Cabido en Santiago de Compostela ata o 31 de decembro. Nela, Xoan Soler, Andrea Costas, Eva Díaz e Denis Estévez amosan a súa particular visión do Camiño de Santiago e da cidade. 

A poesía de Xosé Luis Méndez Ferrín, no centro da colaboración de Alba Cid

A poesía de Xosé Luis Méndez Ferrín, no centro da colaboración de Alba Cid. Aborda as reedicións deste ano de Con pólvora e magnolias, na colección Biblioteca das Letras Galegas, e Estirpe en edición conmemorativa por iniciativa do Concello de Redondela.

O nanosatélite galego LUME-1

Manuel Vicente fálanos do nanosatélite LUME-1, gañador do premio da Crítica de Galicia na modalidade de investigación. Un proxecto da Universidade de Vigo para poñer Galicia no espazo e para impulsar unha industria aeroespacial galega. 

Adeuses musicais con Alfonso Espiño

Alfonso Espiño lembra hoxe tres músicos que marcharon cedo de máis: Kim Shattruck, líder da banda estadounidense The Muffs, a Fran Pérez ‘Narf’, cuxo terceiro cabodano  e o rapeiro compostelán Moncho Arias, finado hai apenas un días. 

Dúas películas galegas chegan ao Festival de Sevilla

Na colaboración de cine do Diario Cultural con Beli Martínez falamos das dúas películas galegas do Festival de Sevilla:”Longa Noite”, de Eloy Enciso; e “Los Fenómenos”, de Jaione Camborda.

Pardo presenta o seu disco ‘Santa Cruz’ na Coruña

Este xoves centrámonos na intensa actividade musical de pop e rock nos escenarios galegos. Comezando por Pardo, que presenta o seu disco “Santa Cruz” no Playa Club (A Coruña). Ademais, Xoel López pecha a súa xira e participa nun traballo de homenaxe ao “Mediterráneo” de Joan Manuel Serrat. Os lugueses Holywater seguen ofrecendo concertos en Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. E, por último, o grupo madrileño Morgan regresa esta fin de semana a Vilalba e Santiago de Compostela.

O 33º Cineuropa e as estreas desta semana

Na súa colaboración, a directora de Sala 5 Begoña Vázquez céntrase na 33º edición do Festival Cineuropa, que comeza esta noite en Santiago. A actriz María Vázquez será unha das homenaxeadas nesta edición que se celebra ata o día 28.

Nas estreas desta semana, dúas películas provocadoras e desconcertantes: ‘Ventajas de viajar en tren’ e ‘El hoyo’.

A arqueoloxía medieval galega

A arqueoloxía medieval, moitos anos considerada “de segunda”, tamén ten as súas características e particularidades. Mario César Vila achéganos a ela. 

Pin It on Pinterest