Todas as colaboracións

Falamos do programa Sumidoiros, da Sala Ingrávida e do espectáculo FARTS, da nova compañía Pornós Teatro

Na colaboración semanal de Roberto Pascual, falamos das inquedanzas creativas da xente nova que sae da ESAD de Galicia, das súas preocupacións amables ou da súa creación sen condicionantes, dun espectáculo que fala de Arte dende a perspectiva única da artista, falamos dos coloquios pos-función, falamos da mentorización na arte escénica, de residencias artísticas, das poses na arte, da relación co público, da diversidade de formatos e procesos creativos.
Facémonos preguntas, xogamos coma cativos, pero fóra do académico e con todas as responsabilidades e compromisos reais que iso conleva. Qué oportunidades e debilidades teñen as novas xeracións de entrar no circuíto profesional? Como integralas e baixo qué parámetros na cadea de valor? Hai que distinguir para o público estes espectáculos en formación e proceso de xeito claro con respecto aos demais espectáculos acabados? 

Emilio Españadero achéganos a Xan Pampín e o seu novo proxecto musical: “Ailá”

No “Lume na Palleira” de Emilio Españadero entrevistamos a Xan Pampín para que nos fale dun novo proxecto musical que acaba de ser presentado e que ten por nome: Ailá.

‘Ninguén dorme’ de Rexina Vega e ‘Deserto García’ de Jorge Emilio Bóveda

Esta semana Armando Requeixo proponnos a lectura de dúas novelas inmisericordes: Ninguén dorme, de Rexina Vega, e mais Deserto García, de Jorge Emilio Bóveda.

Ninguén dorme (Laiovento) é unha novela sobre os máis baixos instintos do ser humano en relación aos afectos e os corpos, sobre o sexo destrutivo, as miserias de Eros e os nosos límites encarnados nas tres parellas que se reúnen nun perdido hotel de estrada para, nas fronteiras máis sórdidas da intimidade, procurar a súa identidade. A denuncia da lacra emigratoria e das penosas condicións de tantos traballadores e mais o desafiuzamento ao que de ven condenados os máis desfavorecidos é o humus do desposuimento onde cobra sentido a violencia, as violencias que espellan na historia, nomeadamente as de xénero.

Deserto García (Galaxia) é unha narración de tremendismo rural con adobíos de western galaico e policial sui generis. Un garda civil prexubilado decide retirarse á remota aldea de Loirás, onde os seus devanceiros tiñan unha casa medio abandonada, e desconectar así da súa vida anterior. Mais no reducido e abafante círculo paisano a súa chegada non é ben recibida e pronto van xurdir as complicacións coa veciñanza, ao tempo que unha escura ameza do seu pasado se fai presente e pon en xogo a súa vida. Non tardará en descubrir que nada é o que parece, que a violencia invade corredoiras e leiras, as ruindades inzan por toda parte e o beatus ille horaciano non é senón unha idealización enganosa.

 

 

O proxecto europeo “Invisible Wom@rts” está no Auditorio de Galicia ata o 15 de decembro

A mostra “Invisible Wom@rts”, un proxecto colaborativo de longa duración, procura a presenza igualitaria das mulleres na arte. Nela participan 32 artistas europeas de diferentes países, todas elas cun denominador común como punto de partida nos seus traballos: “O segundo sexo” de Simone de Beauvoir”. 

O proxecto estará no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, ata o 15 de decembro. 

Un tesouro galego: as Bandas

 

O XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares e o disco ‘El amor brujo’ que a Banda Artística de Merza edita co prestixioso selo europeo Baton Music na colaboración semanal de Luis Miguel Crespo.

 

A chegada da luz eléctrica en Galicia

Repasamos con Manuel Vicente varios fitos da historia da luz eléctrica en Galicia. Unha viaxe que nos levará da Universidade de Santiago ao faro de Cabo Vilán e á cidade de Pontevedra.

Audiovisual galego para a fin de semana de Defuntos

Ana Míguez, presidenta da Academia Galega do Audiovisual, escolma filmes, series
e programas de televisión con fantasmas, esqueletos, enterros e camposantos.

Descubrimos a nova edición de Cineuropa

Na sección de Beli Martínez achegámonos as novidades do cinema galego. Comeza unha nova edición de Cineuropa con 21 días de cine. Trátase da cita cinematográfica por excelencia de Galicia.

“Comezou como unha mostra pequena en Santiago e agora non entenderiamos o mes de novembro sen Cineuropa”, explica Beli Martínez.

Tito Lesende achéganos unha representación de traballos musicais que se presentarán nos próximos días

Os granadinos “Colectivo Da Silva”, o arxentino “Vicentico”, o “Dúo Fangoria”… son algúns dos artistas que, nos vindeiros días, publicarán novos traballos. 

“A trinchera infinita”, a estrea sobre os agochados durante o franquismo

Na súa colaboración semanal dos xoves, a directora de Sala 5 Begoña Vázquez fala de “A trincheira infinita”, o filme de Jon Garaño e Aitor Arregi que chega esta fin de semana aos cines.

A película conta coa presenza de Antonio de la Torre e Belén Cuesta, narra a historia daqueles que pasaron o franquismo agochados na súa casa por medo

Pin It on Pinterest