Todas as colaboracións

Arqueoloxía a carón do Sil. Preguntamos ao arqueólogo Francisco Alonso sobre os últimos achados entre Valdeorras e Sober.

Mario César Vila fálanos dos achados arqueolóxicos deste ano. Un deles con Francisco Alonso, de Estela Arqueoloxía, como artífice. 

O adestramento na danza: Danza Alfaia en Compostela e o Laboratorio Escénico Coop na Coruña

Os programas regulares de adestramento profesional de danza contemporánea en Galicia centran a colaboración de Rut Balbís que nos fala de espazos coma Danza Alfaia en Compostela ou Laboratorio Escénico Coop na Coruña. 

Emilio Españadero lévanos de viaxe por músicas internacionais

O “Lume na Palleira” viaxa ata Escocia, Irlanda, o Quebec, Xapón… todo un percorrido polas músicas internacionais. 

Dúas mulleres na procura de si mesmas: ‘Carrusel’, de Berta Dávila, e ‘O lado do que dormes’, de María Canosa.

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de dúas novelas protagonizadas por mulleres na procura de si mesmas que loitan por descubrir o seu auténtico eu: Carrusel, de Berta Dávila, e O lado do que dormes, de María Canosa.

Carrusel (Galaxia) é a obra coa que Berta Dávila gañou o último Premio García Barros, a historia dunha escritora en plena crise creativa que decide facer unha recapitulación do que foi a súa vida para buscar no seu pasado e no da súa familia as claves do seu presente e atopar sentido á súa existencia e o papel que nela xoga a escrita. No camiño profundará nas raíces da súa neurose, na intensa experiencia da maternidade, na perda dos seres queridos e nas complexas relacións familiares.

O lado do que dormes (Xerais) é un relato de María Canosa que percorre a vida de Laura, unha muller de trinta e sete anos, nai de dous fillos e casada cun home moi traballador e viaxeiro, que en plena madurez sente que vive abafada por unha imposible conciliación das súa situación familiar e laboral, problema que se agrava coas actitudes machistas que sofre no traballo. Cansa, sobordada e entristecida, toma a decisión de dar un xiro á súa vida, empeño no que a axudará unha compañeira de traballo, o exemplo dunha vella colega de estudos e algunhas outras persoas e situacións que se lle cruzarán no camiño e lle farán ver a necesidade de rematar coa submisión e opresión vital na que transcorren os seus días.

Os mellores traballos do fotógrafo Norman Parkinson chegan á Coruña da man da Fundación Barrié

Rosario Sarmiento achéganos á obra de Norman Parkinson, un dos fotógrafos esenciais do S. XX. A Fundación Barrié leva os seus mellores traballos á Coruña ata o día 19 de xaneiro. 

‘Cotodamina’, de Rafa Lobelle, e ‘Coleópteros’, de Lorena Souto

Das conexións de dúas plaquettes da colección “Malaca de fóra” de Chán da Pólvora editora. Comentario de poesía de Alba Cid sobre Cotodamina, de Rafa Lobelle, e Coleópteros, de Lorena Souto.


Unha estrela que se chame Rosalía

A agrupación astronómica Ío propón chamarlle Rosalía unha estrela da constelación de Ofiuco. Ata o 12 de novembro pódese participar na votación da Sociedad Española de Astronomía para escoller o nome desta estrela e do seu exoplaneta. 

Pioneiros galegos dos ritmos latinos

Alfonso Espiño rescata gravacións de grupos galegos que interpretaron ritmos latinos entre  1940 e os anos 60, cando a música anglosaxoa se impuxo nos gustos maioritarios. Escoitamos pezas do Trío Los Bardos, Conjunto Sky, Johnny y Ricardo e Casbah.

Chega á Coruña “Intersección”: un Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo

Beli Martínez fálanos de “Intersección”: Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, que dende o 24 ao 27 de outubro está na cidade de A Coruña. 

Viaxamos arredores dos Pixies con Tito Lesende

Tito Lesende fálanos da historia dos Pixies. Os de Boston estarán por primeira vez en Galicia: o sábado, ás 22:00, no Coliseum da Coruña. 

Pin It on Pinterest