Todas as colaboracións

Parásitos, unha das estreas máis potentes do ano

A directora de Salta 5 Begoña Vázquez, achéganos esta semana como película destacada unha estrea coreana. Situada como unha das favoritas xa como Mellor Filme Internacional nos Óscar, Paráritos é un filme trepidante, sorprendente e sen tregua que narra a historia de dúas familias, unha rica e outra pobre, que viven en Seúl.

“Todos somos pararitos de todos, quitámonos a respiración uns ós outros”

Carlos Portela rescata a obra “Rulfo: unha vida gráfica”

Carlos Portela rescata a obra “Rulfo: unha vida gráfica”, unha biografía en banda deseñada que percorre os eventos da vida do autor mexicano Juan Rulfo. 

Nova Dramaturxia en Galicia

 

Despois da súa representación coa compañía Cinema Sticado, o texto teatral de STRPTS EPISODIO 1: MIRLO & RULA publícase en Ediciones Invasoras, editora que xa leva publicados títulos de Julio Fernández Peláez, coautor do texto con Xosel Díez e responsable da propia empresa editorial, con sede en Vigo. No seu catálogo, podemos ler textos de creadores galegos como Pedro Fresneda ou Santiago Cortegoso, xunto con dramaturxias españolas contemporáneas (Alberto Conejero) ou internacionais (Peter Shaffer).

Esta pequena editora tamén impulsa, xunto a outros colectivos, a creación dramática contemporánea a través do Premio Internacional Dramaturxia Invasora e que xa vai pola súa terceira edición. Outra das modestas iniciativas, pero exemplar polo compromiso e a a forza xeradora desa acción é o Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual que convoca a nova compañía saída da ESAD, Feira do Leste, co apoio da Deputación de Pontevedra, e que nesta segunda edición abre o prazo de presentación de orixinais até o 15 de novembro. Na I edición do certame, a peza gañadora foi A enterradora (blogue), de Miguel Sande. O proxecto ten cumprida información na súa web propia: http://novadramaturxia.feiradoleste.com

 

Emilio Españadero achéganos as novidades de Samuel Soto e o grupo The Skirls

Escoitamos hoxe dúas novidades musicais que nos ofrecen Samuel Soto e o grupo The Skirls.

Ademais, como adianto dos contidos do próximo Lume Na Palleira, escoitamos ás formacións que participarán na Xuntanza de Gaiteiros (organizada por Airiños De Fene) que na edición deste ano homenaxeará ao grupo La Musgaña.

‘Os jeans de María’ de Lois Alcayde Dans e ‘Veleno en familia’ de Rocío Leira

Esta semana Armando Requeixo proponnos alternar a lectura de relato e novela. O libro de contos ao que nos convida titúlase Os jeans de María e é obra de Lois Alcayde Dans. A narración longa que nos presenta é Veleno en familia e asínaa Rocío Leira.

Os jeans de María (Galaxia) reúne dezasete historias ambientadas principalmente na cidade herculina, aínda que varias delas tamén acontecen en Madrid. Son, por tanto, narracións urbanas que nos amosan personaxes que ven alterada a súa cotidianeidade polo inesperado. Os medos, os temores e as desesperanzas, mais tamén as ilusións, os desexos e os afectos poboan estes relatos narrados cunha prosa moi coidada, chea de plásticas imaxes e un indubidable alento poético.

Veleno en familia (Baía) é unha narración que entretece intriga e equívocos no seo dunha peculiar familia composta por unha nai rosmona e teimuda, unha filla aparentemente apoucada e sufrida, unha sobriña impulsiva e namoradeira e un xenro visceral e instintivo. As relacións que entre todos eles manteñen ocultan segredos inconfesables, pulsións asasinas e paixóns e odios desmedidos que os levarán ao asasinato e a destrución das súas vidas.

Rosario Sarmiento achéganos á obra da galega Berta Cáccamo

Rosario Sarmiento achéganos á obra dunha artista que xa non está entre nós: de Berta Cáccamo, unha das creadoras contemporáneas máis interesantes da plástica galega.

 

 

‘O barbeiro de Sevilla’ e a súa historia, este domingo en Vigo

 

A historia da ópera O barbeiro de Sevilla e tamén da entidade de Amigos da Ópera de Vigo, na colaboración de Luis Miguel Crespo, que nos achega o que acontecerá este domingo no Teatro Afundación.

 

O lume e non as cinzas 2: Faia Díaz e o Dedín Dedín

O lume e non as cinsas 2: Faia Díaz e o Dedín Dedín.
  • “A musicalidade destas pezas infantís paréceme digna de degustar lentamente, deixándonos mecer pola cadencia medio cantada medio contada e que ten que ver cos tons da fala, da enumeración… pero que deixa o pensamento musical a repouso. Xogamos na casa, non fai falta ter unha gran voz, nin cantar ben nin mal”

Astrogalicia, a festa galega das estrelas

Manuel Vicente resúmenos o encontro Astrogalicia en Castrelo do Miño, que reuniu científicos e afeccionados á observación astronómica.

SEMUA: as músicas do audiovisual

Falamos da Semana das Músicas do Audiovisual co compositor Xavi Font, membro da directiva da Academia Galega do Audiovisual. O acto central da SEMUA será un concerto de Orquestra Sinfónica de Galicia con obras do arxentino Federico Jusid, o galego Manu Riveiro e unha suite a partir da banda sonora de ‘Sempre Xonxa’.

Pin It on Pinterest