Todas as colaboracións

Colar de Bágoas, publicado por Kalandraka e O Acuario en Hércules

Colar de Bagoas, publicado por Kalandraka e O Acuario en Hércules edicións no comentario semanal de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas.

Ortiga publica o disco ‘Chicho y sus chicas’

Centrámonos no primeiro disco de Ortiga, un traballo verbeneiro e merengón titulado “Chicho y sus chichas”. Publícase este venres 18 de outubro. O seu lanzamento coincide co novo de Depedro, un artista tan habitual nos escenarios galegos que poderiamos empadroalo.
Entre as citas desta fin de semana, lembramos os novos concertos de Los Eternos na Coruña e Lugo. Tamén, a participación da californiana Kim Lenz no Outono Códax Festival, en Santiago de Compostela.

“Retrato dunha muller en chamas” e “Maléfica 2”, propostas para tódolos gustos

Begoña Vázquez, directora de Sala 5, recomenda hoxe o filme francés “Retrato dunha muller en chamas”. E para os que gosten dalgo máis lixeiro Maléfica 2.

Que debemos facer se temos un xacemento debaixo da casa

Que podemos facer se descubrimos que temos un xacemento arqueolóxico debaixo da casa? Diso e moito máis falamos co arqueólogo Mario César Vila.

Mario César Vila cóntanos que podemos facer se atopamos un xacemento arqueolóxico na casa

Que podemos facer se descubrimos que temos un xacemento arqueolóxico debaixo da casa? Diso e moito máis falamos co arqueólogo Mario César Vila.

“Medida x Medida”, a nova obra de Producións Teatrais Excéntricas

Roberto Pascual centra o seu comentario teatral da semana en ‘Medida x Medida’ a nova montaxe de Producións Teatrais Excéntricas.

Emilio Españadero achéganos ó último da música folk e de raíz dende o universo “Lume na Palleira”

Escoitamos varias mostras de música, con pouso galego, chegadas de fóra das nosas fronteiras: Túa (Murcia), Folk On Crest (Salamanca), Noites De Rock e Meigas (Miranda De Ebro) e Mitago (Barcelona).

Tamén, como adianto dos contidos do próximo Lume Na Palleira, escoitamos unha das pezas incluidas no libro-disco publicado pola Agrupación Abertal (da Rúa de Valdeorras) para festexar o seu 30 aniversario. Un traballo que presentarán o vindeiro domingo no programa.

‘Red Lion’ de María Alonso e máis ‘A espada máxica’ de Mario Franco

Esta semana Armando Requeixo propónnos a lectura de dúas novelas de acción trepidante: Red Lion de María Alonso e mais A espada máxica de Mario Franco.

Red Lion (Galaxia) é unha narración de alta tensión, inzada de violencia e brutalidade, que se desenvolve nos baixos fondos das mafias traficantes e que presenta a historia dunha vinganza que rematará nunha guerra aberta entre bandas rivais e ríos de sangue a correr por todas partes. Relatada cunha linguaxe moi cinematográfica ao Kill Bill, a trama da novela progresa nun continuo in crescendo ata o clímax final, sacrificando calquera digresión estetizante en favor da imparable acción que avanza vertixinosamente sen tregua nin respiro.

A espada máxica (Fervenza) é unha novela de ‘espada e bruxería’, subxénero da fantasía épica que describe aventuras e loitas libradas por heroes nun pasado arredado e mítico co concurso de elementos ou seres máxicos. Neste caso o mozo castrexo Camal decide marchar da súa citania para coñecer outras terras e xentes. Polo camiño vivirá mil aventuras, pelexará con criaturas incribles e descubrirá o amor, todo contado en capítulos breves e rebordantes de emoción e intriga nunha viaxe circular que remata onde comezou, mais cun Camal madurecido, ben máis sabio e valente.

Rosario Sarmiento lévanos de paseo pola obra de Christian Villamide

Rosario Sarmiento lévanos somérxenos na obra de Christian Villamide, un artista lugués multidisciplinar, escultor, pintor, fotógrafo e autor dunha exposición que estes días podemos ver no CGAC de Santiago de Compostela. 

 

 

A antoloxía ‘Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda’

A antoloxía ‘Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda’ publicada na colección ‘Clásicos. Letras Galegas’ de Galaxia no centro do comentario de poesía de Alba Cid. 

Pin It on Pinterest