Todas as colaboracións

Marcial del Adalid no centro do primeiro Ciclo de Piano de Redondela

Marcial del Adalid no centro do primeiro Ciclo de Piano de Redondela. O Concello organiza o evento que nace coa idea de dedicar o seu programa a grandes compositores da música galega.
O noso colaborador Luis Miguel Crespo fálanos do compositor e coñecemos o ciclo co técnico de normalización lingüística Xurxo Martínez.

As historias da táboa periódica

Manuel Vicente descóbrenos algúns dos científicos e historias que agacha a táboa periódica dos elementos: de Dmitri Mendeleiev a Henry Moseley pasando polo galego de adopción Tomás Batuecas

Nova colleita para os premios Mestre Mateo

Ana Míguez anúncianos o prazo para inscribir os traballos audiovisuais que competirán
nos próximos premios Mestre Mateo e cóntanos en que consiste a dirección de produción no
audiovisual.

‘Da Carapuchiña ao señor Lamote. Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega’ e ‘A verdadeira historia da carapuchiña vermella’

Revisamos clásicos coa nosa especialista en literatura infantil e xuvenil Montse Pena Presas.

Comentario arredor dos libros ‘Da Carapuchiña ao señor Lamote. Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega’ de Miguel Vázquez Freire que publica Xerais e de ‘A verdadeira historia da carapuchiña vermella’ unha adaptación da Asociación Bata que publican Kalandraka.

Tito Lesende tráenos a programación musical deste San Froilán

Sés abre o San Froilán co repertorio de “Rabia ao silencio”, pero a programación das festas en Lugo ofrece moito máis. Pola súa banda, os cataláns Cala Vento, unha das propostas máis interesantes do pop independente estatal, fan estes días xira pola Coruña, Vigo e Ourense.Por último, lembramos a publicación do novo disco do grupo pontevedrés Bifannah, chamado “Danças líquidas”.

A preestrea de ‘O que arde’, no festival Curtocircuíto

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, recoméndanos esta semana a película de Oliver Laxe O que arde por fermosa e impactante, tras a preestrea no festival Curtocircuíto.

Tamén comenta outros filmes como Joker, El crack cero e Amazing Grace.

Visitamos o Castelo de San Antón na Coruña

Na colaboración de Mario César Vila visitamos o Castelo de San Antón na Coruña.

O ciclo TRC Danza na Coruña

A colaboración semanal de Ruth Balvís en artes do movemento céntrase no ciclo TRC Danza na Coruña, no Teatro Rosalía, durante o mes de outubro.

“O paxaro de nácara” de Pura Salceda, e “O latexar do barrio” de Tito Pérez

Como cada semana, Armando Requeixo tráenos dúas propostas narrativas para o noso lecer lector: a novela O paxaro de nácara, de Pura Salceda, e mais o libro de relatos O latexar do barrio, de Tito Pérez.

“A herba de namorar” de María do Cebreiro

Alba Cid presenta o poemario “A herba de namorar”, de María do Cebreiro, publicado por Galaxia neste mes de setembro.

Trátase dunha selección e revisión dos seus 20 anos de traxectoria como autora.

Pin It on Pinterest