Todas as colaboracións

Comeza a mostra “Cinemas Ocultos”

Falamos de mostras que se están a celebrar en Vigo e Cangas. Unha desas mostras son os Cinemas Ocultos que comeza hoxe coa proxección de ‘Hamada’, de Eloy Domínguez Serén.

Os cinemas galegos amosan o cine galego que non chega ás salas comerciais. Tamén porán o foco no cinema islandés, un cinema descoñecdio nesta latitude.

Neste Diario Cultural imos ata Vigo, onde ten lugar o ciclo ‘Mulleres, patrimonios e sociedade’, organizado polo Consello da Cultura Galega. Unha mostra que xa se organizou en Braga.

‘Lobísimo do saco. Tres titiritadas’ de Bernardino Graña e ‘Un conto cheo de lobos’ de Roberto Aliaga e R.Olmos

Os lobos hoxe no centro da colaboración de Montse Pena Presas que nos fala de ‘Lobísimo do saco. Tres titiritadas’ de Bernardino Graña editado en Galaxia e ‘Un conto cheo de lobos’ de Roberto Aliaga e R.Olmos, un album ilustrado de OQO editora.

A banda Moito! presenta ‘Ingeniería inversa’

Este xoves dividimos a atención entre o pop actual e os clásicos internacionais. Primeiro parámonos na banda galega Moito!, que toca o venres 27 en Vigo, presentando “Ingeniería inversa” nun concerto compartido con Igloo. O bado 28, o Campus de Esteiro en Ferrol acolle o festival Festeiro, no que toca, entre outros artistas, La Bien Querida, da que podemos anticipar un tema do seu inminente novo disco.

No eido internacional lembramos a importancia de Judas Priest, que vén de ser anunciado para o Resurrection Fest de Viveiro en 2020. E despedimos co clásico John Mayall, cuxa xira de 85º aniversario pasa pola Coruña e Pontevedra a vindeira semana.

A estrea de “Ata sempre, meu fillo” e “Mentres dure a guerra”

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez; sorprédenos recomendando o filme chinés “Ata sempre, meu fillo”, de tres horas de duración.

Estréase esta fin de semana xunto con “Mentres dure a guerra”, de Alejandro Amenábar.

A agrupación Abertal publica un novo traballo

Comezamos hoxe a colaboración ao son da agrupación Abertal, da Rúa de Valdeorras, que veñen de publicar un libro-disco para festexar o seu trixésimo aniversario.

A continuación, ofrecemos noticias musicais de tres gaiteiros: Cristian Silva, Isidro Vidal e (desde a Arxentina) Santiago Molina.

Por último o protagonismo é para A Subela, de Noia, que o vindeiro domingo presentarán en Lume Na Palleira o seu novo disco “Con Zocas Novas”.

Os anxos indecisos, de Manrique Fernández, e As estacións do lobo, de María Reimóndez.

Como cada semana, Armando Requeixo convídanos á lectura de dúas obras narrativas que acaban de aparecer nos andeis das nosas librerías: o volume de relatos Os anxos indecisos, de Manrique Fernández, e mais a novela As estacións do lobo, de María Reimóndez.

Os anxos indecisos (Galaxia) é un conxunto de sete relatos de temática variada que coinciden en presentar situacións e personaxes que se moven nas estremas, nos límites das súas vidas ou sentimentos. Son historias que revelan o lado máis humano e perfectible de nós mesmos, que amosan as nosas dúbidas, erros e caídas, mais tamén as nosas ilusións e esperanzas. A dura aventura da inmigración subsahariana; o enlouquecido vivir das nenas que se ven atrapadas na maquinaria imparable do mundo das pasarelas; a muller que loita por non perder as ganas de vivir tras ser despedida, desafiuzada e diagnosticada de cáncer; as ilusións fanadas e o desamor que esnaquizan o grupo musical The White Birds; a resistencia rebelde dunha periodista ‘de raza’; o amor non correspondido dunha muller que desbalde os días agardando por un galán ingrato e o cruel abuso dunha menor coa conivencia do seu proxenitor son os escenarios nos que se moven estes relatos protagonizados por “anxos indecisos”.

As estacións do lobo (Xerais) é a historia de Clara, unha muller galega que, por amor, marcha vivir a Múnic e abandona toda a súa vida anterior. O seu compañeiro, un poeta e editor de primeiras adorable, acaba converténdose nun ser ruín e mesquiño que exerce sobre dela un maltrato psicolóxico implacable que a debroca nas simas do autodesprezo e a anulación. Mercé a un encontro casual, Clara vai ir aos poucos recuperando as rendas da súa vida e deixa atrás o desprezable Franz para comezar unha nova etapa a carón das amigas e amigos da súa ‘manda’ e explorar un territorio de amores libres e novos afectos.

‘Object and Painting’, o libro da artista Mar Vicente

Falamos do libro ‘Object and Painting’, da artista Mar Vicente. A obra contén dous textos de dúas historiadoras da arte: a suíza Patricia Grzonka e a historiadora xermana Barbara Oettl. Analizan o traballo e a traxectoria da artista dende ópticas diferentes desde o ano 2006 ata o 2018.

A publicación está formada por numerosas fotografías que ilustran a evolución do traballo de Mar Vicente nestes últimos anos.

Mar Vicente quixo que a primeira presentación en España se fixera na Fundación Laxeiro. Esta fundación outorgoulle unha Bolsa á creación artística que foi decisiva na súa carreira.

O traballo de Mar Vicente centrouse nos límites da pintura e as fronteiras entre esta e a escultura, caracterizouse por unha gran economía de elementos cromáticos e compositivos que utiliza de forma reiterada e fai identificable a súa obra.

Comezan as tempadas da programación da Real FIlharmonía e a Orquestra Sinfónica de Galicia

 No ámbito da música clásica, os anos mídense polas programacións das orquestras, as tempadas líricas, programacións de teatros e auditorios… e estas adoitan comezar neste mes de setembro.

Luis Miguel Crespo achéganos ás programacións da RFG e da OSG que dan comezo estes días, e que nos traen un ano cargado de música da máis alta calidade con directores e solistas invitados de primeiro nivel, con estreas absolutas, e nas que tamén hai oco para compositores galegos como Andrés Gaos, Rogelio Groba, Juan Durán, Joam Trillo, Fernando Buide ou o xoven Hugo Gómez-Chao.

Viva Lixo Urbano!

Viva Lixo Urbano! Matías Tarrio homenaxea ao selo compostelán no seu 25 aniversario.

Cibrán Tenreiro estrea nova sección: ‘Fan fan’

Cibrán Tenreiro estrea nova sección: ‘Fan fan’. Todo o mundo é fan de algo, pero hai veces en que iso se convirte no tema e leva a falar de influencias, orixinalidade, tradicións, emocións. Nesta primeira entrega, ARIES arredor de Brian Wilson, Maruja Mallo ou Hannah Arendt.

Pin It on Pinterest